O Concello acada supéravit por terceiro ano consecutivo

A boa saúde económica do Concello de Culleredo volveu a quedar de relevancia na conta xeral do pasado exercicio 2014, que foi aprobada o pasado xoves polo pleno da corporación. Todas as magnitudes económicas presentan bos resultados, consolidando o crecemento da economía local.

Os dereitos recoñecidos netos foron superiores ás obrigacións recoñecidas netas. Por tanto, o Concello pechou 2014 cun superávit que ascendeu a 1.531.944,90 euros, un millón de euros máis que 2013. É o terceiro ano consecutivo que o Concello de Culleredo pecha exercicio económico con superávit.

O alcalde, Julio Sacristán, apunta como clave no balance económico positivo logrado a redución de gastos. En efecto, as obrigas descenden un 5% con respecto ao ano pasado, mentres que os dereitos subiron lixeiramente.

O remanente é o indicativo da situación real das arcas municipais. Ao final do exercicio, o remanente é de 4.083.645,06 euros, un millón de euros maior que o logrado no anterior ano, a mellor cifra dos últimos anos.

A consecuencia directa de dispor de remanente positivo é que o Concello poderá acometer novos investimentos, a condición de que sexan financieramente sustentables segundo o texto refundido da lei reguladora de facendas locais. Grazas á xestión que permitiu obter remanente en anos anteriores, o goberno local puido emprender actuacións como a remodelación do Edificio de Servizos Múltiples, a renovación do campo de fútbol de Rutis, programar outras como a instalación de cubertas nos patios do CEIP Tarrío, Ría do Burgo e Sofía Casanova.

Os resultados positivos das contas sinalan que o Concello podería recorrer a operacións de crédito bancario, ao logar unha capacidade de financiamento de máis de 2,7 millóns. Con todo, o alcalde  apunta que a súa intención é empregar o superávit para investimentos e para amortizar e non recorrer a crédito bancario.

Culleredo tamén pechou o 2014 con aforro neto positivo, en concreto de 2.130.406,58 euros.

Sacristán destacou que todos os parámetros continúan mellorando "de forma substancial", demostrando o traballo "rigoroso" que se está seguindo por todas as áreas municipais, "sen deixar de ofrecer servizos e programando novos investimentos".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina