O Concello lanzará un plan municipal de formación para desempregados

O Concello de Culleredo pon o seu gran de area para mellorar as condicións de emprego dos seus veciños en paro. E faino a través de formación, o "camiño idóneo" para incrementar as posibilidades de inserción laboral, explica o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

O goberno local deseñou un plan de formación municipal dirixido a persoas en situación de desemprego. Terá un total de 175 prazas con 400 horas de formación tanto teórica como práctica.

Non será unha formación ao azar. Os cursos son programados nas materias que responden a unha demanda real do mercado. "Promovemos accións formativas nas prioridades que nos manifestan os propios usuarios do servizo de orientación laboral", sinala o rexedor.

O plan municipal, que se lanzará no mes de marzo, componse dos seguintes cursos:

  • Servizos de bar e cafetaría
  • Manipulación de alimentos
  • Coidador de persoas dependentes no domicilio
  • Prevención de riscos laborais (nivel básico)
  • Introdución á instalación eléctrica básica dunha vivenda
  • Informática básica: elaboración e tratamento de textos
  • Venda e negociación comercial
  • Modista de arranxos
  • Manipulación de cargas con carretilla elevadora
  • Apoio á preparación para as probas en competencias crave (dúas edicións)

Dúas das grandes novidades constituiranas os cursos de modista e de coidador de persoas dependentes. E o de informática diríxese especificamente ao campo de procesadores de texto, unha das ferramentas básicas a coñecer.

Algunhas das accións están ideadas especialmente para promover a reciclaxe dos usuarios, que poden buscar outros ámbitos para volver á vida laboral, apunta Sancristán. É o caso dos servizos de bar e cafetaría ou da venda e negociación comercial.

Así mesmo, tres das modalidades permiten a obtención dunha certificación oficial, necesarias en determinados postos. É o caso da prevención de riscos, a manipulación de alimentos ou do manexo de carretillas.

O alcalde asegura que co plan o Concello pretende "apoiar ao máximo" aos veciños en desemprego, dentro das escasas competencias na materia que ten a administración municipal. O centro de formación Pablo Picasso, situado no Burgo, ofrece tamén servizos de asesoramento e orientación abertos a calquera veciño.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina