Actividades do Entroido 2015 do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo presenta un novo programa de Entroido que busca dar resposta aos intereses dos veciños de todas as idades. A celebración do Entroido de Culleredo terá unha tripla vertente: para nenos, para maiores e a tradicional Romaría de San Blas en Veiga, coa esperada lectura do testamento.

ENTROIDO INFANTIL
O programa de actos cullerdense para nenos empezará o sábado 14 a partir das 17.00 horas. A festa infantil encherá o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo con máquinas de pompas, palomiñas de millo, algodón de azucre, DJ, e máquina de fume.
Será un acto moi entretido para os pequenos do municipio. A entrada será libre.

ROMARÍA DE SAN BLAS
"Benvidos todos a Veiga, meus benqueridos herdeiros, nunca pensei que acudira tal manada de larpeiros". Así se recibía aos centos de asistentes á celebración do Luns de Entroido de Veiga no ano 1991, a festa de Entroido máis tradicional e xenuína do Concello de Culleredo.

Estes versos de recibimento aos participantes formaban parte do chamado testamento, un conxunto de coplas satíricas coas que os veciños repasan a actualidade municipal, autonómica, estatal e mundial. Como cada ano, o público que asistirá ao Entroido de Veiga espera ansioso o contido do testamento desta edición. A festa celébrase xunto ao cruceiro de Veiga, enmarcada na Romaría de San Blas, o luns 16 de febreiro a partir das 13.00 horas.

A romaría contará coa actuación da orquestra Fania ,e a comparsa Parar de Mera, que porá o toque de humor xunto coa lectura do testamento.

O tradicional Entroido de Veiga foi recuperado en 1984 por un grupo de veciños en colaboración co Concello de Culleredo. Desde entón vén celebrando de forma ininterrompida. O goberno local anima aos veciños de Culleredo a participar co seu disfrace e o seu bo humor na celebración máis popular do Entroido no municipio.

ENTROIDO DE MAIORES
O Concello de Culleredo organiza ademais unha festa especial de disfraces para este Entroido pensada para maiores de 65. Terá lugar o venres día 13 de febreiro no Centro Social O Noso Lar, en Tarrío, ás 5 da tarde. Alí poderán ademais gozar dun concurso de larpeiradas financiadas polo Concello.

O Concello porá a disposición de todos os veciños que queiran asistir á festa de disfraces tres autobuses, o primeiro deles con saída ás 16:15 desde O Burgo, o segundo sairá á mesma hora desde Castelo e ás 16:40 un terceiro bus desde Orro, todos eles con múltiples paradas para facilitar a asistencia dos veciños do municipio.

ENTROIDO NO BURGO
O venres 13 desenvolverase unha ruta gastronómica con animación musical na rúa, por establecementos hosteleiros do Burgo: zona centro, zona Cros, zona Praza Europa e zona Acea de Ama. A partir das 19.00, actuación do cuarteto de música tradicional “Alén do Mar”. Actuación da Fanfarria Taquikardia por diversos lugares.

Organizado pola Asociación de Veciños “O Noso Burgo”.
Colabora: Concellería de Cultura e Participación Cidadá.

A COCIÑA DA DRAGONA RAMONA
E outra das actividades do Entroido será un taller de cociña para os pequenos, acompañados da man da Dragona Ramona. Será o mércores de cinza, día 18, aproveitando as vacacións escolares, ás 12.00 horas no taller de cociña do Coruña The Style Outlets.

Para participar é necesario inscribirse antes no 981 652800, ou no punto de información do centro. Está destinado a nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina