Culleredo ofrece unha amplia programación cultural con motivo do Día do Libro

O Concello de Culleredo desenvolverá os próximos días unha ampla programación cultural con motivo da celebración do Día do Libro. A Concellaría de Cultura deseñou un amplo plan de actividades dirixidas en parte aos nenos e en parte á poboación adulta do municipio.

A programación infantil abrirá a semana. O luns 21 ás 18.30 horas terá lugar unha sesión de teatro para bebés, a cargo de Charo Pita, da compañía Triquetraque-Traquetriqui. A entrada será libre.

O martes 22 ás 18.30 horas os nenos a partir de 3 anos de idade gozarán da "Aventura na cociña", a cargo de Trinketrinke Teatro. A entrada tamén será libre. O venres 25 á mesma hora, con necesaria inscrición previa, chegará a quenda do taller de contos con "Cincenta", dirixido a nenos de 5 a 8 anos de idade.

O mesmo venres 25 levará a cabo uno dos principais actos: "Máxico-Sons", unha aventura entre libros, a cargo do músico Álvaro Muras e do ilusionista Martín Camiña. Será ás 19.30 horas e está destinado a un público familiar. Entrada libre.

Todas as actividades infantís teñen carácter gratuíto e celebrarase no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, onde se atopa a Biblioteca Miguel González Garcés.

A programación para adultos comezará tamén o luns 21, ás 19.30 horas, co faladoiro de arte, a cargo de Luisa Valdés. Será na biblioteca do Burgo, con entrada libre.

Do martes 22 ao xoves 24 desenvolveranse faladoiros histórico-literarias, a cargo do historiador municipal Carlos Pereira, con entrada libre. O programa é o seguinte:

  • Martes 22, 19.00 horas, biblioteca de Vilaboa: "As rulas de Bakunin", de Antón Riveiro Coello.
  • Mércores 23, 11.30 horas, biblioteca do Burgo: "A ladroa de libros", de Markus Zusak.
  • Xoves 24, 19.00 horas, biblioteca do Burgo: "A berlina de Prim", de Ian Gibson.

A programación cultural de abril xa comezou con contacontos ou talleres de contos en inglés. Onte mércores de desenvolveu no Burgo o espectáculo de monicreques "Linocho e a lúa", a cargo de Monicreques Falcatrúa, logrando congregar a decenas de pequenos.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca continua programación cultural que ofrece o Concello, con actos para todas as idades. A edila anima a sumarse á celebración do Día do Libro e contribuír así a fomentar a lectura, especialmente entre os máis pequenos.

Vista previaAdxuntoTamaño
diptico_abril_mes_dos_libros_biblioteca_infantil_e_adultos.pdf1.92 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina