Culleredo programa actividades educativas polo Día da Muller

Con motivo da conmemoración do Día da Muller, o Concello de Culleredo deseño un conxunto de actos que buscan concienciar á poboación da “necesidade de seguir loitando polos dereitos das mulleres”. Así o explicou Penélope López, concelleira de Muller, que presentou hoxe o programa acompañada do alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

A celebración do 8 de marzo dirixirase en Culleredo principalmente ao sector educativo, “clave” para esa loita pola igualdade. O Concello proporalle aos escolares actividades cunha compoñente creativa que acade unha implicación e motivación no alumnado.

A grande novidade no programa é a convocatoria da I edición do Concurso de vídeos “Oito de marzo, en prol da igualdade”, para escolares de Educación Primaria e Secundaria. O traballo a presentar consistirá na gravación dun vídeo orixinal, e non difundido a través de ningún medio, cunha duración máxima de 2 minutos, que poderá facerse a través dun teléfono móbil ou con outro tipo de medios.

O contido da gravación deberá estará relacionado coa temática de educación para a igualdade, a convivencia positiva entre sexos, a imaxe positiva da muller. Poderán participar neste concurso  o alumando de calquera etapa educativa obrigatoria, Educaión Primaria e Secundaria, dos centros de ensino de Culleredo públicos ou concertados.

O Concello busca a implicación tamén da comunidade educativa para reforzar esta labor de concienciación, polo que o profesorado poderá participar xunto co alumnado  tanto na realización como na produción.

O prazo para presentar os traballos finalizará o 31 de maio. Os premios serán de 500, 300, e 200 euros en forma de vales para gastar no comercio local cullerdense.

En segundo lugar, o Concello desenvolve obradoiros de sensibilización nas aulas de Secundaria, como continuación á formación xa desenvolvida, en niveis anteriores. Un total de 360 alumnos e alumnas culleredenses participan nos talleres, impartidos por técnicos municipais da área.

A actividade abre un espazo para a reflexión grupal a través de técnicas interactivas e participativas, sobre cuestións como diferenciar conceptos como sexo de xénero, “machismo” de “feminismo”, ou mitos latentes na sociedade.

Estas dúas iniciativas nas aulas acompañan este ano á Cea do Día da Muller cunha participación de 140 persoas. O alcalde aproveitou a presentación para felicitar a ás asociacións A Xeca, Alancada e Rosalía de Castro pola súa organización.


Atención continuada no CIM

Sacristán sinalou que, a maiores dos actos específicos para o Día da Muller, o Concello de Culleredo mantén unha “atención continuada” á muller a través do CIM (Centro de Información á Muller). “De feito somos un dos poucos Concellos da comarca que dispoñemos deste servizo permanente”, apuntou.

O rexedor considera que o elevado emprego deste servizo polas veciñas de Culleredo demostra da necesidade que sigue a existir hoxe en día en reforzar o papel da muller na sociedade.

Ao longo de 2013, o número de consultas recibidas no CIM e de entrevistas persoalizadas que se levaron a cabo alcanzou a cifra de 535. O número de mulleres atendidas no ano para proporcionarlles información e apoio psicolóxico foi de 78, das que 64 eran de Culleredo e 14 doutros municipios, o que amosa a relevancia supramunicipal deste servizo.

O ámbito xurídico neste ámbito é tamén unha clara necesidade para as mulleres. O asesor xurídico dedica un tempo exclusivo semanalmente ao CIM. En 2013 recibiu 137 consultas.

No Centro de Información á Muller aténdense todas as necesidades das mulleres vítimas da violencia de xénero. Tamén ofrécese apoio psicolóxico aos fillos de vítimas. Aínda que con menos demanda, o CIM atende tamén casos de mediación familiar ou de parella.
 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina