Culleredo recibe ao novo xefe de Prevención de Delincuencia da Garda Civil do municipio

O Concello de Culleredo recibiu a visita institucional do novo brigada xefe da área de Prevención de Delincuencia do posto da Garda Civil de Culleredo, Jorge Longueira. O alcalde en funcións, José Ramón Riobóo, acompañado do xefe da Policía Local de Culleredo, Ricardo Dovigo, recibiu ao brigada xefe, que acudiu xunto co tenente do posto de Culleredo, Antonio Táboas.

Longueira incorpórase ao posto cullerdense tras o seu paso polo de Carral, asumindo a dirección desta importante área.

O alcalde en funcións expresou os mellores desexos para Longueira na súa nova andaina, para o que axudará, destacou, que é un perfecto coñecedor da comarca. Riobóo agradeceu o gran traballo que desenvolve a Garda Civil en Culleredo para garantir a seguridade cidadá, en coordinación coa Policía Local.

O rexedor aproveitou o acto institucional para mostrarlle a Longueira as instalacións da Casa do Concello e presentarlle aos funcionarios.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina