O Concello recomenda o uso da AP-9 e Terceira Rolda ante o corte do Portádego

O corte na Nacional 550, entre O Portádego e A Coruña, por motivo das obras no abastecemento da cidade e a comarca que executa Emalcsa deriva unha importante carga de tráfico á AC-211. A primeira xornada co corte efectuado levou retencións na circulación en Fonteculler, polo que o Concello de Culleredo aposta polo uso de vías alternativas que alivien a situación.

O Concello recomenda aos veciños o uso da autoestrada AP-9 e da Terceira Rolda para dirixirse á cidade da Coruña e así evitar o paso pola AC-211. Aínda que os traxectos sexan máis longos en distancia, en tempo serán máis curtos ao non utilizar tramos que hoxe tiveron unha moi elevada carga de tráfico.

Especialmente notouse o corte en dirección A Coruña. Os vehículos que chegaban da N-550 por Vilaboa conectaron á AC-211 por medio da avenida do Portádego, o que orixinou a saturación da circulación nestas dúas vías. En sentido O Burgo tamén influíu o corte, con pouca fluidez da circulación por momentos desde A Pasaxe.

A recomendación do Concello é que os veciños, especialmente do Burgo, Almeiras ou Acea de Ama, tomen a AP-9 no Paraugas para evitar a AC-211 e a N-550. E que os vehículos que veñen da N-550 se desvíen á Terceira Rolda na rotonda do aeroporto ata A Zapateira.

Con motivo deste corte de Emalcsa, que se prolongará até mediados de mes, a Policía Local reforzou o seu número de efectivos para estas xornadas, establecendo unha regulación especial de tráfico na AC-211 e na avenida do Portádego. Os axentes coordinaron o tráfico nas interseccións, con especial atención nas horas punta.

Mentres, en sentido Vilaboa, a circulación pola Nacional 550 produciuse con normalidade.

O Concello de Culleredo entende que a envergadura dos traballos de Emalcsa, de vital importancia para o abastecemento de auga da comarca, obrigue a este corte, por motivos de seguridade e axilidade da actuación. O goberno local fai un chamamento para o emprego das mencionadas alternativas e tratar de evitar as molestias das posibles retencións que se xeren.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina