O Concello prepara a ampliación das prazas para aparcar en Fonte da Balsa e Domingo Sierra

O goberno de Culleredo estuda a ampliación das prazas de estacionamento de vehículos en Vilaboa, para responder ás necesidades de veciños de zonas con dificultades para aparcar.  Desta forma, o Concello completaría o seu plan de mellora nos aparcadoiros de Vilaboa, que disporá así mesmo de parking exprés para facilitar as xestións ou compras rápidas.

O Concello, a través da área de Mobilidade, ten localizados en concreto dous puntos de Vilaboa con necesidade de incrementar as prazas de estacionamento. En Fonte da Balsa, a zona máis ao sur do núcleo, o sitio para aparcar é escaso en relación co número de coches.

Os veciños solicitaron a creación de máis prazas. Para dar resposta a esta necesidade, o goberno municipal estuda recortar ampliar a calzada principal nun metros para poder xerar máis espazo de estacionamento ao efectuar unha reordenación das prazas.

O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Riobóo, explica que en paralelo a este proxecto de reorganización da rúa en Fonte da Balsa efectuaríase unha humanización da contorna.

Outro dos puntos de Vilaboa onde o Concello aposta por incrementar o aparcadoiro é en Domingo Sierra, no centro do núcleo. Alí existe unha parcela municipal que o goberno municipal pretende preparar para acoller o estacionamento de vehículos.

Por outra banda, a zona azul de aparcadoiro exprés de Vilaboa comezará a funcionar de forma inminente, unha vez que o Concello completou o pintado. Esta medida, totalmente gratuíta, foi pedida polos comerciantes dado o bo funcionamento cultivado nas creadas polo Concello no núcleo do Burgo.

Con estas medidas, apunta Riobóo, o goberno de Culleredo mellora a mobilidade para os veciños de Vilaboa e propicia o acceso aos establecementos comerciais e negocios de hostalaría locais.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina