O Concello e a Garda Civil impulsan un plan de seguridade polas festas de Vilaboa

Os corpos de seguridade montan un dispositivo especial con motivo das festas de Vilaboa. Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil elaboraron un plan de seguridade coordinado e que conta coa presenza nocturna do Grupo Rural de Seguridade da Garda Civil, que reforza os labores de vixilancia.

Todas as noites dos festexos dispoñen de dispositivos especiais reforzados para ofrecer unha atención continuada ao cidadán. Tamén haberá un dispositivo para as procesións de Vilaboa e de Castro-Laxe.

O dispositivo de seguridade convence á Comisión de Festas. Os seus responsables encomian o traballo continuado dos efectivos de seguridade para vixiar os festexos. Mostra deste parecer da Comisión de Festas foi a entrega dunha placa o sábado a Protección Civil, polo servizo de seguridade ofrecido durante estes anos nas festas.

O primeiro tenente de alcalde, e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Riobóo, apunta a garantir a seguridade e a accesibilidade dos peóns como unha das "prioridades" do dispositivo. Así, o Concello colocou 200 valos ao redor do recinto das festas, ancoradas ao chan, para evitar os estacionamentos invadindo as beirarrúas.

A Policía Local efectúa un control exhaustivo sobre as zonas reservadas aos peóns e os pasos de peóns, e retirará co guindastre aqueles vehículos aparcados entorpecendo o paso normal a pé.

O catro pasos de peóns situados xunto á praza da igrexa teñen unha presenza continua dos efectivos de seguridade para garantir o paso seguro das persoas. Ademais da vixilancia, colocáronse bandas rugosas portátiles para restrinxir a velocidade dos vehículos.

Na avenida de Vilaboa, fronte á igrexa, en dirección A Coruña, creouse unha zona especial para aparcadoiro de persoas con minusvalía. Tamén hai sitios reservados para os taxis, autobuses e as unidades das forzas de seguridade.

Para o aparcadoiro de vehículos particulares, o Concello habilitou unha parcela entre a avenida de Vilaboa e a rúa Domingo Sierra. O martes, con motivo da sardiñada, cortarase ao tráfico a rúa Anxo Senra.

En todo momento, haberá unha presenza de efectivos de todas as forzas para atender calquera necesidade que teñan os asistentes. Riobóo destaca a coordinación entre Policía Local e Garda Civil para dar resposta a este evento de asistencia masiva de veciños.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina