O goberno de Culleredo creará unha unidade de motoristas na Policía Local para axilizar os servizos

O goberno de Culleredo traballa para continuar mellorando a atención en materia de seguridade cidadá para satisfacer as necesidades que presenta o municipio e os veciños. Os plans da Concellaría de Seguridade Cidadá pasan por incrementar as prestacións no servizo coa creación dunha nova unidade que traballará en motocicleta.

O obxectivo consiste en proporcionar desta forma unha maior "axilidade" na atención dos axentes da Policía Local, apunta o primeiro tenente de alcalde e responsable da área, José Ramón Riobóo. Nas próximas semanas, o goberno iniciará o proceso para a creación da unidade e a adquisición de previsiblemente 4 motocicletas de gran cilindrada.

O traballo de patrullas en moto permitirá unha mellor mobilidade para os efectivos, con desprazamentos máis rápidos, sobre todo nas zonas urbanas cando existe unha importante carga de tráfico. "A Policía Local gañará operatividade para atender mellor as demandas do cidadán", afirma Riobóo.

Esta unidade de motoristas únese ao equipo de atestados recentemente incorporado á Policía Municipal. O goberno local considera que o funcionamento desta unidade de tráfico é óptimo, atendendo un gran número de atestados desde a súa posta en marcha.

O equipo conta con sonómetro, etilómetro e ordenador para as oportunas tramitacións, propicia unha mellor atención en caso de accidentes e nos controis. Tamén se utiliza nos grandes eventos que cubra a Policía Local para dispor dunha oficina móbil para a atención ao cidadán.

A creación desta unidade de motoristas foi un dos asuntos abordados na reunión que acaba de manter o primeiro tenente de alcalde con todos os efectivos da Policía Local a fin de intercambiar impresións achega do funcionamento do servizo. Riobóo destacou a excelente predisposición dos axentes da Policía Local á hora de afrontar os novos proxectos con para garantir e mellorar o servizo de Seguridade Cidadá.

O primeiro tenente alcalde estivo acompañado na reunión polo concelleiro delegado de Protección Civil, Alberto Veira, que á súa vez destacou o servizo que están a realizar os voluntarios e profesionais de Protección Civil á sociedade cullerdense.

A incorporación de novos vehículos e de novos equipamentos e unha formación máis centrada na calidade de servizo da Policía Local constitúen as dúas liñas principais coas que o goberno de Culleredo continuará apostando pola seguridade cidadá dentro do municipio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina