Culleredo continúa incrementando as variedades culturais que ven acollendo semana tras semana. O goberno local, a través da Concellaría de Cultura, aposta nesta ocasión pola celebración dun concerto musical no que predominaran os ritmos cubanos.
Trátase da actuación do grupo “La Trova”, previa á presentación oficial do seu novo disco “Nuevo Aire”. O concerto, con entrada de balde, terá lugar este venres, 31 de maio, ás 21.00 horas, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Baixo unha nova dirección musical, a do percusionista cubano e mestre da Escola Municipal de Música de A Coruña, Tony Guevara, La Trova traballa nos últimos arranxos do seu novo traballo, que tras catro anos de existencia como formación, demostra unha evolución cara novos ritmos, maior profesionalización, máis variedade melódica, novas voces, etc. Pero todo sen perder a súa esencia de orixe, esa que os ten levado por toda Galicia atraendo sempre a un numeroso público de todas as idades que goza ao escoitar as notas desas cancións de todos os tempos.
O grupo musical La Trova conta con grande arraigo na comarca de A Coruña desde a súa fundación, hai xa varios anos. Trátase dunha formación na que prevalecen as notas románticas de boleros, baladas, rancheras, tangos, música cubana e, en definitiva, cancións coñecidas por todas as xeracións e que contan sempre cun amplo abano de seguidores
La Trova presentará oficialmente o seu “Nuevo Aire” na cidade de A Coruña a mediados de xuño; antes, ofrecen este adianto o vindeiro venres en Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER