O artista Carlos Ares logrou onte sábado pola noite un cheo no auditorio do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo. O músico ofreceu un concerto, organizado pola ANPA do centro, con colaboración co Concello, Deputación da Coruña e La Caixa, moi especial por tratarse do lugar onde creceu na súa formación. Así o lembrou Ares no inicio do recital.
Carlos Ares estivo acompañado para a escenografía por compoñentes da compañía de teatro El Ruiseñor, de Culleredo, coa que colabora o Concello nas actividades municipais. Desde o mesmo comezo lograron a sorpresa nun auditorio ás escuras, ao aparecer desde o público con lanternas mentres Ares e a súa banda entoaban a primeira canción.
O recital finalizou cunha sonora ovación por parte do público, que se foi repetindo entre cada canción.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER