A canteira cullerdense de teatro prepara a súa estrea para a fin de semana

As pequenas promesas do teatro de Culleredo están xa ás portas da gran estrea das súas obras. Será o próximo fin de semana, con sesións o sábado e o domingo, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, cando a compañía de teatro El Ruiseñor, coa que o Concello iniciou este curso unha colaboración para o desenvolvemento da actividade de teatro, presente á súa canteira ante o público.

Son dous as obras preparadas polos 30 pequenos, desde os 7 anos de idade, que conforman os grupos infantís da compañía: "Pinta Paleta" e "Los sentimientos juegan al escondite". Ambas as obras son creación da directora da compañía, Susana Crespo, estando baseada a segunda nunha obra de Mario Benedetti.

As sesións celebraranse o sábado 4 ás 20.00 horas e o domingo 5 ás 19.00 horas. O aforo é limitado, sendo necesario adquirir entrada, postas xa á venda en Servizos Múltiples cun prezo de 5 euros. Pódense ata o venres 3 en horario de 15.00 a 21.00 horas.

"Pinta Paleta" está interpretada polo grupo de teatro infantil conformado por nenos de 7 a 10 anos de idade. "Os sentimentos xogan ao agocho" corre a cargo do grupo que vai desde os 10 aos 13 anos de idade, aproximadamente.

O Concello de Culleredo espera un cheo total no auditorio dada a "indiscutible calidade" do traballo de El Ruiseñor e o amplo número de participantes logrado neste curso apunta a concelleira de Culleredo, Alicia Ferreiro. Coa creación da colaboración entre Concello e El Ruiseñor o teatro converteuse nunha das actividades preferidas polos cullerdenses.

Ferreiro destaca o amplo repertorio de opcións ofrecidas aos veciños. A compañía traballa con grupos de teatro infantil e adulto. E ademais este curso iniciouse unha nova actividade que suscitou un gran interese entre os veciños: o teatro en inglés.

A iniciativa reúne a medio centenar de participantes, con grupos tanto de pequenos como de maiores. Trátase dunha opción ideal para a unión entre unha manifestación artística como o teatro e a aprendizaxe dun idioma, apunta Ferreiro.

A concelleira quere resaltar que, ademais da aprendizaxe do teatro, a forma de traballar da compañía El Ruiseñor "garda un compoñente educativo na que se promoven valores como a superación ou o compañeirismo".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina