Culleredo é distinguido polo Ministerio de Cultura pola súa promoción da lectura

O Concello de Culleredo é premiado pola súa campaña de promoción á lectura. Así acaba de informar o Ministerio de Cultura, mediante unha comunicación asinada pola subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, Mónica Fernández Múñoz, tras a reunión da comisión de avaliación da campaña de animación á lectura "María Moliner".

O Concello de Culleredo figura entre os proxectos de dinamización á lectura premiados polo Ministerio. En concreto, débese á actuación emprendida polas bibliotecas cullerdenses, coa súa mascota a Dragona Ramona, coa que se fomentou o hábito da lectura entre os usuarios máis pequenos.

Froito de ser incluído entre os gañadores, o Concello recibirá do ministerio un lote de libros co que se distingue aos proxectos merecedores deste recoñecemento. A comisión de avaliación estivo formada por representantes da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, da Federación Española de Municipios e Provincias e da Fundación Coca-Cola, promotoras do certame.

A concelleira de Cultura de Culleredo, Alicia Ferreiro, mostrou a súa satisfacción pola mención outorgada ás bibliotecas por un labor tan importante como a difusión da cultura e a promoción do hábito da lectura.

O Concello creou no outono de 2011 a Dragona Ramona co obxecto de vincular aos nenos cos necesarios hábitos da lectura. Desde entón, a Biblioteca do Burgo programou numerosas accións de forma periódica, como talleres de contos, contacontos, incluíndo versións en inglés, que reciben o respaldo maioritario do público.

A Dragona tamén se desprazou aos centros de ensino do municipio para difundir o seu labor entre o alumnado e foi protagonista de campamentos, sempre ofrecendo o punto de vista cultural das actividades.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina