Culleredo celebrou a entrega de agasallos do certame de pintura “Pintor Argüelles”

O Concello de Culleredo deu por concluído onte o certame de pintura “Pintor Argüelles” coa entrega de agasallos aos participantes. O acto tivo lugar na Aula de Natureza do xardín botánico do Burgo, onde nas últimas semanas permaneceron expostas as obras.

O acto contou coa asistencia da concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, da concelleira de Xuventude, Marta Iglesias, e Coco Fernández-Argüelles, filla do artista, así como numerosas persoas de todas as idades que participaron nesta festa da pintura, que alcanzou este ano a súa XV edición.
 
Sorteáronse diversos agasallos, para as distintas categorías de idades, doados por casas comerciais como El Corte Inglés e Gadisa, así como polo propio Concello de Culleredo: unha bicicleta, mp3, mp4, tablet, material artístico e libros.
 
As obras foron realizadas polos participantes no acto celebrado o pasado mes de agosto. Posteriormente foron amosadas na aula de natureza. Ademais, o certame incluíu unha exhibición de graffiti. As creacións elaboráronse en paneis cunhas medidas de 1,20 x 1,20 metros.

O goberno local apostou nesta edición por organizar unha festa da pintura, destinada a afeccionados de todas as idades, sen unha compoñente de concurso, para fomentar tamén a participación dos pequenos.

O Certame de Pintura “Pintor Argüelles” celébrase na memoria do pintor, presidente que foi da Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario” e grande amigo de Culleredo, Julio Fernández Argüelles.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina