O “Pintor Argüelles” reunirá aos afeccionados á pintura o domingo no paseo marítimo

O Concello de Culleredo abre o certame de pintura “Pintor Argüelles” á cidadanía. O goberno local aposta por organizar unha festa da pintura, destinada a afeccionados de todas as idades, sen unha compoñente de concurso, para fomentar tamén a participación dos pequenos.

A Festa da Pintura “Pintor Argüelles terá lugar o vindeiro domingo día 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizarán os seus traballos pictóricos entre as 10:00 e as 14:00 horas.

Coas súas obras realizarase unha exposición na Aula da Natureza do Xardín Botánico que se inaugurará a mediados do mes de agosto. No acto de inauguración sortearase entre todos os participantes,  segundo as súas idades,  numerosos regalos como unha bicicleta, un mp3, mp4, gafas de sol, material de pintura, etc.

Ademais, os máis novos poderán participar nunha exhibición de graffiti. As obras elaboraranse en paneis destinados para este evento adxudicados pola organización, cunhas medidas de 1,20 x 1,20 metros . O día da exposición será sorteada entre os participantes unha tablet.

Os interesados en participar simplemente teñen que apuntarse o mesmo domingo no comezo da festa. O goberno local de Culleredo anima a todos os afeccionados ao mundo da pintura a participar neste novo formato do “Pintor Argüelles” nun entorno idóneo para a inspiración e a arte.

Achéganse as bases da exhibición de graffiti.
Vista previaAdxuntoTamaño
exhibicion_graffiti.pdf203.88 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina