O Burgo recibe unha mostra fotográfica de José Manuel Fachal

A Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” recibe unha exposición de fotografías de José Manuel Fachal. A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o venres 13 de abril de 2012, ás 20.30 horas, o acto de inauguración da mostra.
 
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 8 de maio de 2012, no seguinte horario:
  • Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
  • Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.

Actuará o Cuarteto de Corda do Conservatorio de Culleredo, formado por Inés Bandín Rodríguez, Nicolás Fraga González, Andrea Mayor González e Joabiner Mattos de Oliveira.

José Manuel Fachal, topógrafo e proxectista, é natural do concello de Cambre e reside na actualidade en San Vicente de Vigo (Carral).

Vén desenvolvendo nos últimos anos unha intensa actividade no eido da fotografía, ofrécenos unha colección de paisaxes, tanto de Galicia como de países do estranxeiro, demostrando un alto dominio das actuais técnicas dixitais e unha mirada curiosa e ambiciosa.

Ademais de dominar a paisaxe, tamén ten traballado sobre algunhas festas galegas, como o Entroido ou a Festa do Cabalo de Magalofes, coa que gañou o 1º premio do Certame de Fotografía convocado pola Asociación vecinal de Magalofes e Radiodifusión, en 2010.

Varias das súas fotos teñen sido publicadas en revistas e webs especializadas.

No ano 2011 realizou unha exposición fotográfica na sala multiusos do Edificio Social Toñito Espiñeira, do Concello de Carral.
 
imaxe cascada

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina