Culleredo recibe a mostra fotográfica "Galicia en Foco"

A Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago” dos Muíños de Acea de Ama recibe desde o venres 30 de marzo a exposición fotográfica GALICIA EN FOCO. 22ª edición, promovida polo Club de Prensa de Ferrol. A exposición, dividida en dous apartados (fotoxornalismo e fotorreportaxe) recolle fotografías publicadas en diversos medios xornalísticos dende finais de 2010 e o ano 2011, así como algunas inéditas.

A exposición permanecerá aberta ao público do 30 de marzo ao 23 de abril de 2012, no seguinte horario: 

  • Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
  • Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.

A Concellería de Cultura inagurará a mostra o venres 30 ás 20.30 horas. No transcurso do acto tomarán a palabra Xan Morales e Xoán Rubia, representantes do Club de Prensa de Ferrol, e Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Cultura do Concello de Culleredo. No acto terá lugar a presentación do nº 26 da revista FerrolAnálisis.

Os medios de comunicación onde viron a luz son os seguintes: El Ideal Gallego, Faro de Vigo, DXT Campeón, 20 Minutos, Artes y Letras ABC, Siglo 21, Festival Proxecta, El País, La Voz de Galicia, La Región, Disquecool, Agence France-Presse, Páxina web da RFEVB, Catálogo Eyesportwear, Galicia Hoxe, elcorreogallego.es, Agencia EFE, Axencia Galega de Noticias, La Razón, El Periódico de Catalunya, El Correo Gallego, Xornal de Galicia, xornaldegalicia.com, Massimo Sestini News Pictures, Público, El Mundo, Periodismo Humano, Diario de Ferrol, Novas de Galicia.

No apartado de fotoxornalismo participan: Andrés Fraga, Ángel Manso, Juan Marcos Míguez, Martiño Pinal, Xosé Marra, Xoán Soler, César Quián, Nacho Gómez, Miguel Riopa, Kiko Delgado, Jéssica Barcala, Jesús Regal, Brais Lorenzo, Pablo Araújo, Óscar Pinal, Óscar Corral, Jorge Meis, Santiago Míguez, Mónica Vila, Álvaro Ballesteros, Zélia Gracía, Santy López.

E no de fotorreportaxe participan: Amador Lorenzo, Francisco Puñal, Miguel Muñiz, Moncho Fuentes, Javier Quintana, José Luiz Oubiña, Susy Suárez, José Pardo, Carlos Folgoso, Carlos Puga, Sonia Daponte, Antón García, Guillermo Sotelo.

 

cartel

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina