Concerto Orquestra Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
Mércores 8 de Febreiro de 2012 - 19.30 horas.
Auditorio Gustav Mahler.
Entrada de balde.
Esta orquestra está formada por alumnos de 3º a 6º de grao profesional que cursan estudios de música no Conservatorio Profesional de Música de Santiago nas especialidades de corda, vento e percusión.
Na curta idade da orquestra, dende que o CMUS de Santiago fora inaugurado no curso 2004/2005, incluíronse no seu repertorio obras de Brahms, Haydn, Bizet, Mozart, Beethoven, entre outros compositores.
Conta ademáis o Conservatorio cunha orquestra xuvenil formada por alumnos de 4º de grao elemental e 1º e 2º de grao profesional no que alumnos traballan un repertorio acorde ao seu nivel, iniciándoos na materia orquestral.
Os profesores encargados da Orquestra Sinfónica do Conservatorio son Alejandro Valcárcel, Juan Cañada e Roberto Santamarina.
Programa:
- Sinfonía nº 5 (1º mov.) en Do m Op. 67. L. van Beethoven (Director Alejandro Valverde)
Allegro con brío
- Suite "Carmen". G. Bizet (Director Juan Cañada)
Aragonesa
Habanera
Toreadors