O luns, 30 de xaneiro de 2012 ás 18:00 horas, realizarase un concerto didáctico de piano no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Profesional de Música, coa participación de alumnas da profesora Pilar Salgueiro que interpretarán obras de diferentes estilos e épocas.
O obxectivo principal das audicións debe ser, ademais da aprendizaxe e a familiarización co público, o desfrutar da experiencia, o asociar emocións positivas e interpretar ante unha audiencia e o aprender a acomodarnos ao público desde unha vivencia positiva e non intimidante nin competitivo.