CONCURSO-EXPOSICIÓN ORNITOLÓXICO

Entre os días 18 e 27 de novembro desenvólvese, na Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico Ría do Burgo, as actividades do XXXVI Concurso-exposición ornitolóxico, que organiza a Sociedade Coruñesa de Canaricultura e no que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo dende hai xa varios anos.

Ademais das actividades estrictamente propias do Concurso (recepción de exemplares, enxuizamentos dos paxaros…), está previsto que se abra a Exposición ao público, tanto dos exemplares que participan no concurso como dos debuxos presentados ao Concurso de debuxo infantil convocado en colexios da comarca, nos seguintes días e horarios:

-Do luns 21 ao venres 25: de 18.00 a 21.00 h.

-Sábado 26: de 11.00 a 13.30 h e de 17.00 a 21.00 h.

O domingo 27 celebrarase o acto de entrega de premios e trofeos, con este programa:
 
-De 12.00 a 12.30 h, entregaranse os premios do Concurso de debuxo infantil.
-De 12.45 a 14.00 h, entregaranse os premios do Concurso ornitolóxico.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina