O Concello impulsa unha nova ordenanza para axilizar o inicio de actividades

O Concello de Culleredo aprobou no pleno ordinario da corporación a ordenanza municipal de tramitación de actividades. Co novo texto, a intención do goberno local consiste en adaptar o réxime de control de actividades á directiva europea, coa que se pretende axilizar o proceso, substituíndo nos casos pertinentes as licenzas polas comunicacións previas e as declaracións responsables.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, apunta que coa nova ordenanza conseguirase unha "simplificación" dos procedementos de autorización e control das actividades que se desenvolvan no municipio, no marco das competencias recoñecidas ao Concello. Unha vez que entre en vigor, os cidadáns poderán desenvolver unha actividade comercial, industrial ou de servizos sen necesidade de obter unha licenza, excepto os casos especificados na propia ordenanza.

Coa declaración responsable e a comunicación previa, o solicitante poderá iniciar unha actividade desde o día da súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación que ten atribuídas a administración.

A comunicación previa consiste nun documento no que os interesados pon en coñecemento do Concello os seus datos identificativos para o exercicio dun dereito ou actividade. Estarán sometidas a esta tramitación, entre outras, as seguintes actividades:
  • Locais comerciais cunha superficie construída menor de 100 metros cadrados
  • Academias de ensino até 150 metros cadrados, fóra das de baile, música ou canto
  • Centros destinados ao culto relixioso
  • Postos da praza dá abastos ou mercados municipais, excepto aquelas actividades que requiran licenza
  • Oficinas ou locais pertencentes a entidades sen ánimo de lucro
  • Actividades profesionais desenvolvidas en locais ou establecementos que non excedan de 150 metros cadrados de superficie construída
  • Aparcadoiros e exposición de vehículos ao aire libre
Mentres, a declaración responsable consiste nun documento subscrito polo interesado no que manifesta, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos esixidos pola normativa vixente para acceder ao recoñecemento dun dereito ou ao comezo dunha actividade, e que dispón da documentación que así o acredita. Estarán reguladas por este procedemento, entre outras:
  • Locais comerciais ou de servizos de entre 100 e 400 metros cadrados de superficie e 15Kw de potencia mecánica instalada
  • Despachos profesionais de entre 150 e 400 metros cadrados de superficie e 15Kw de potencia mecánica instalada
  • Actividades de almacenamento de produtos petrolíferos químicos con recipientes de presión ou con produtos químicos que non necesiten proxecto técnico segundo a normativa específica de aplicación
  • Establecementos hostaleiros de até 25 prazas sen cafetaría ou restaurante
  • Centros de diagnóstico e laboratorios de análises clínicas sen manipulación de produtos inflamables nin contaminantes
Pola contra, deberá solicitarse a pertinente licencia de apertura ou de actividade nos casos que así o esixe a protección do medio ambiente ou do patrimonio histórico-artístico, a seguridade ou a saúde pública, ou que impliquen un uso privativo ou a ocupación de bens do dominio público. Nestes supostos atópanse as actividades excluídas do ámbito de aplicación da directiva europea, as incluídas no catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Xunta de Galicia, as relacionadas no decreto regulador do procedemento de avaliación ambiental ou as que precisen inspección sanitaria previa.

A ordenanza exporase ao público durante 30 días.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina