O IES Universidade Laboral recibe a estudantes de Alemaña e Inglaterra

O pasado luns 5 de xuño celebrouse un acto de benvida a un grupo de profesores e alumnos ingleses e alemáns que participan nun programa de intercambio co IES Universidade Laboral. Este acto foi presidido por Carmen Varela, concelleira de Educación de Culleredo, e o director do Centro.

A visita é unha das actividades do programa subvencionado pola Comisión Europea, denominado Asociación Leonardo dá Vinci "Beating the Heating".

Desde inicio do curso 2009, o instituto ven traballando cos institutos de formación profesional alemán Theodor-Frey-Schule de Eberbach, e inglés City College, de Plymouth. Con estes dous institutos o IES Universidade Laboral de Culleredo desenvolve o mencionado programa europeo.

O proxecto enmárcase dentro do estudo da Eficiencia Enerxética nas edificacións e a utilización de enerxías renovables, e o seu principal obxectivo é que un grupo de alumnos do tres países participantes traballen xuntos e participen en cursos relacionados con esta materia.

No mes de novembro de 2010 desprazáronse a Alemaña dous profesores e cinco alumnos de Ciclos Formativos de Grao Superior. Estiveron unha semana convivindo cos participantes ingleses e alemáns. Os alumnos recibiron varios cursos, todos impartidos en inglés, e realizaron diversas visitas técnicas.

Ao longo da semana do 6 ao 10 de xuño o IES Universidade Laboral recibe ao grupo de ingleses e alemáns que participan no proxecto. Estarán toda a semana asistindo a actividades de formación impartidas en inglés polos propios profesores do IES, e realizarán visitas a instalacións de interese. Polas tardes haberá tempo para realizar visitas culturais e de lecer.
Recepción aos estudantes

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina