Protección Civil contará con oito novos efectivos

O Concello de Culleredo ampliará o persoal de Protección Civil coa chegada da campaña de verán. O GRUMPI (Grupo Municipal de Primeira Intervención) contará con oito novos auxiliares, persoas que actualmente se atopan en situación de desemprego, que serán contratados en virtude do programa de cooperación da Consellería de Traballo.

Os seus contratos terán unha duración dun semestre e o goberno local prevé efectuar as contratacións o próximo mes para que poidan prestar servizo no verán. O requisito esixido para poder aspirar á contratación é o de ter realizado o curso básico de Protección Civil.

Con esta decisión, o goberno local que preside Julio Sacristán quere reforzar e mellorar os operativos de intervención en caso de emerxencias que dispón o Concello. Dada a súa concepción e estrutura, trátase dun servizo que pretende actuar de forma inmediata ante as emerxencias que poidan xurdir no municipio.

Estas contratacións únense ás xa anunciadas polo Concello para crear unha brigada de recuperación de espazos públicos degradados. O goberno local presentou este proxecto ao programa de emprego promovido pola Xunta a cargo do Fondo Social Europeo. A resolución autonómica concede a contratación de 11 persoas desempregadas ao Concello de Culleredo.

Esta brigada estará composta por tres albaneis, dous peóns, cinco peóns forestais e un auxiliar para traballos forestais. Durante seis meses ocuparanse de efectuar reparacións e limpezas nas zonas que o requiran. O goberno local destina 104.000 euros á contratación destes 11 traballadores, en virtude da subvención recibida por Traballo. O contrato será por xornada completa e a axuda inclúe tanto os custos salariais como a cotización á Seguridade Social.

As tarefas que centrarán o traballo da brigada consistirá en executar os arranxos que necesiten prazas e diferentes zonas públicas das diferentes parroquias, incluíndo a contorna urbana. Polo demais, as intervencións abarcarán a limpeza de cunetas e bordos das estradas e as reparacións de beirarrúas.

O Concello de Culleredo apostou por dedicar a axuda á contratación de desempregados a dous servizos de máximo interese como a creación dun grupo especial para mellorar aspectos da rede viaria, que loxicamente requiren arranxos co paso do tempo e a dotación de unidades a Protección Civil. Así mesmo, o equipo de goberno destaca que coa subvención lógranse crear 19 postos de emprego, o que resulta de primeira necesidade nestes momentos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina