O Concello inicia a cesión de terreos na Cros para a construción dun novo colexio

O Concello de Culleredo inicia os trámites para a cesión dunha parcela de uso escolar na urbanización da Cros, no Burgo, para a construción dun colexio de Infantil e Primaria por parte da Xunta de Galicia. O Concello ofrecera á Consellería de Educación, nas distintas reunións mantidas, tres localizacións: unha parcela na avenida de Rutis, unha parcela situada na rúa Pablo Picasso e a mencionada na Cros.

Finalmente, no último encontro celebrado en febreiro, a Xunta inclinábase polo terreo da Cros, próximo ao paseo marítimo, onde o Plan Xeral xa reservaba unha parcela de 7.300 metros cadrados para uso escolar. Con todo esta superficie era considerada insuficiente pola Xunta, que esixía que fose de 11.200 metros cadrados.

Este requirimento obrigará ao Concello a modificar o uso dunha parcela adxacente de zona verde a escolar e incluirá un dos edificios da antiga fábrica, o máis próximo ao paseo marítimo, que neste momento estase descontaminando e restaurando. Este edificio podería aproveitarse para facer o colexio dentro da estrutura en rehabilitación, co que se aforraría diñeiro na construción.

O Concello inicia o trámite solicitando á Xunta de Galicia a modificación da parcela de zona verde para uso escolar. Unha vez autorizado, procederase á agrupación e segregación de terreos para conformar a parcela esixida pola Consellería de Educación.

Así mesmo, o goberno local prevé que Aviación civil non poña ningún obstáculo ao uso da parcela, tendo en conta que é urbana e non se atopa dentro da zona de insonorización prevista no Plan de Illamento Acústico.
 

Lugar privilexiado

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, apunta que a parcela obxecto de cesión de atopa nun "lugar privilexiado" xunto ao paseo marítimo. Con esta cesión para a construción do colexio, o rexedor considera que se van cumprindo os obxectivos previstos de equipamentos públicos na zona da Cros, tras a apertura da escola infantil, o centro de día ou o centro para persoas discapacitadas da Escada.

Sacristán lembra que as necesidades en materia escolar no municipio pasan pola construción tanto deste CEIP como do instituto de Educación Secundaria nos terreos da antiga Universidade Laboral, proxecto que xa se atopa en marcha.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina