"XX Ciclo de Teatro Adolfo Marsillach"

Continua a Programación do "XX Ciclo de Teatro Adolfo Marsillach" no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o vindeiro venres 15 ás 20´30h., coa divertidísima comedia "Go On " de Malasombra Teatro.

O vindeiro venres día 15 de abril ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo, terá lugar a cuarta das funcións teatrais que forman parte do programa dos Encontros Culturais de Primavera. Letras Galegas 2011 que organiza a Concellería de Cultura coa representación da obra "GO ON" ,da autoría de José Luís Prieto, a cargo de "MALASOMBRA TEATRO" baixo a dirección de Marcos Orsi e interpretada por Xoque Carbajal e Jouse García.
Despois das exitosas comedias "non é tan fácil" e "o día do pai" con máis de 40 funcións cada unha, Malasombra estrea unha nova comedia, O divertido percorrido de Xosé Luis Prieto pola nosa xeografía, costumes, refráns e tradicións "Go on!!". Tamén dirixida por Marcos Orsi.
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.
"GO ON!" recopila esta experiencia límite que deixa aos do "Al filo de lo imposible" como simples boyscouts.
"GO ON!" é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do desapiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.
"GO ON!" é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como identificar á Santa Compaña.
"GO ON! é un manual de supervivencia imprescindible para saber como viaxar nun tren galego a velocidade negativa cheo de galegos cantando cancións populares ou como ser porco e sobrevivir no San Martiño.
"GO ON! é unha guía de primeiros auxilios con recomendación necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas.
"GO ON!" é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase "non me toques os suevos", cada canto tempo cambian as sabas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva á pregunta máis transcendente de todas as preguntas: "Que din os rumorosos na costa verdecente?"

"GO ON!" . Unha odisea cómica no espacio galego.

Nestes Encontros Culturais da primavera 2011 pasarán pola nosa sala algunhas das mellores produccións teatrais que se están a realizar en Galicia (con autores, directores, actores e actrices como Gustavo Pernas, Ánxela G.Abalo, Xulio Lago, María Barcala, Josito Porto...). E dos grupos queremos destacar, pola súa vinculación con Culleredo, onde teñen a súa sede, a Teatro do Atlántico que vai poñer en escena a obra "Memoria de Helena e María". Ao longo destes próximos meses poderemos disfrutar con comedias como "Botamán de Melide" de Áncora Produccións, "Go On " de Malasombra Teatro, "Ai, Carmela" de Teatro de Adro ou "Pelos na Língua" de Talía Teatro

Son xa máis de 20 anos de programación teatral estable no Concello de Culleredo. Ao longo deste tempo foron numerosos os esforzos dedicados a poder conseguir consolidar unha oferta teatral regular. Pero a constancia e a perseveranza dan os seus froitos e hoxe Culleredo é un referente neste ámbito artístico: son máis de vinte as representacións teatrais que, entre as tempadas de primavera e outono, se ofrecen ao cada día máis numeroso público.

Está recomendada para público adulto e os prezos das entradas son de 4,00 € para público en xeral e 2,00 € para estudantes e maiores de 65 anos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina