Representación da obra "Atra Bile". Teatro de Ningures

Durante todo o mes de abril polo escenario do edificio de Servizos Multiples do Burgo pasaran ás mellores compañías teatrais galegas, os mellores directores de escena, e importantes e coñecidos actores do teatro galego, dentro do "XX ciclo teatral Adolfo Marsillach", unha das apostas culturais de Culleredo dos últimos anos, que ten consolidado dado un publico fiel e asiduo.

O vindeiro venres día 1 de abril ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo, terá lugar a segunda das funcións teatrais que forman parte do programa dos Encontros Culturais de Primavera. Letras Galegas 2011 que organiza a Concellería de Cultura coa representación da obra "ATRA BILE" ,da autoría de Laila Ripoll, a cargo de TEATRO DE NINGURES baixo a dirección de Etelvino Vázquez.

"Atra Bile" é unha comedia que está interpretada por Casilda García, Sonia Rúa, Josi Lage, David Novas e Fran Paredes.

"Atra Bile" conta a historia de Nazaria, Daría e Aurora, tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunha gran casona dun pobo calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. E será ao redor deste velorio cando saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredos ocultos que permanecen alí, latexantes, durante cincuenta anos.

Despois de vinte anos de actividade teatral profesional, Teatro de Ningures (fundada en 1986) reúne unha serie de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro imprescindible para os profesionais do sur do país, así como unha referencia no panorama teatral galego. A compañía conta neste momento cun elenco estable, que traballa nas distintas obras que a mantén en cartel, formado por cinco actrices, cinco actores e dous técnicos. Todos eles gozan de recoñecido prestixio dentro do mundo do teatro galego, con premios e mencións ao seu traballo. Ademais, é unha empresa na que traballan actores, técnicos e creadores de toda Galicia, pero fundamentalmente da provincia de Pontevedra, tendo nesta compañía un centro de traballo indispensable. Deste xeito, esta compañía posibilita a saída profesional e artística de moitos profesionais de toda Galicia, intentando nos últimos anos integrar xente nova, apostando por novos valores para a escena galega, contribuíndo á súa formación e á normalización do mercado de traballo teatral.

Nestes Encontros Culturais da primavera 2011 pasarán pola nosa sala algunhas das mellores produccións teatrais que se están a realizar en Galicia (con autores, directores, actores e actrices como Gustavo Pernas, Ánxela G.Abalo, Xulio Lago, María Barcala, Josito Porto...). E dos grupos queremos destacar, pola súa vinculación con Culleredo, onde teñen a súa sede, a Teatro do Atlántico que vai poñer en escena a obra "Memoria de Helena e María". Ao longo destes próximos meses poderemos disfrutar con comedias como "Botamán de Melide" de Áncora Produccións, "Go On " de Malasombra Teatro, "Ai, Carmela" de Teatro de Adro ou "Pelos na Língua" de Talía Teatro

Son xa máis de 20 anos de programación teatral estable no Concello de Culleredo. Ao longo deste tempo foron numerosos os esforzos dedicados a poder conseguir consolidar unha oferta teatral regular. Pero a constancia e a perseveranza dan os seus froitos e hoxe Culleredo é un referente neste ámbito artístico: son máis de vinte as representacións teatrais que, entre as tempadas de primavera e outono, se ofrecen ao cada día máis numeroso público.

Está recomendada para público adulto e os prezos das entradas son de 4,00 € para público en xeral e 2,00 € para estudantes e maiores de 65 anos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina