Ademais do traballo de Base,de iniciación,que realizan ás Escolas Municipais de Cultura do Concello,vese cada dia mais a necesidade de organizar Obradoiros mais especializados,dirixidos a persoas que desean profundizar mais de xeito especifico en algunhas materias,Cursos que estan a cubrir de sobras ás prazas ofertadas,como os obradoiros de Gravado,dirixido pola Pintora Isabel Pintado,o de Poesia que dirixe Miguel Anxo Fernan Vello,que vimos de abrir a matricula.
Agora presentamos,a petición de moitos afeccionados,un Obradoiro de Acuarela,dun xeito especifico,por ser unha tecnica bastante descoñecida,moi precisa,que require coñecementos e destrezas singulares,sobre todo a utilización de materiais e soportes,asi como a aplicación da auga.Para elo contaremos cun recoñecido pintor e acuarelista,Manuel Gandullo,que precisamente e mestre da cor e da auga nas suas bellisimas acuarelas.Un obradoiro pois,que promete ser eficaz e divertido.
Constara de 4 sesións de 3 horas cada unha a celebrar os sabados dias 2-9-16-30 de Abril de 10´30 a 13´30 horas na Aula da Natureza do xardin Botanico "Ria do Burgo",debendo traer cada o seu material pictorico basico,acuarela,pinceis,etc.Tendo un custo de matricula de 20e,que poderan realizar na Concelleria de Cultura no Edificio de Servizos Multiples do Burgo.Tlf-981665597-mail- servizosmultiples@gmail.com .Esta dirixido a Maiores de 16 anos con prazas limitadas a 15 alumnos.
Para máis información ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
I Obradoiro de acuarela | 793.78 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER