O vindeiro mércores día 22 de decembro, ás 20:00 horas, celebrarase no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Profesional de música de Culleredo, a primeira audición de piano dos alumnos de Elena González.
Os alumnos interpretarán en público as obras traballadas ao longo deste primeiro trimestre. A posta en escena ten moitos beneficios na aprendizaxe musical, pero debe ser planificada con moita cautela. Por iso, para poder participar, esíxese un nivel alto que permita ao alumno subir ao escenario e disfrutar no transcurso da interpretación musical.
Entrada de balde.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER