Programación Teatral. Homenaxe A Roberto Vidal Bolaño.

O vindeiro venres día 29 de outubro dará comezo a nova tempada da programación de teatro "Roberto Vidal Bolaño" dedicado ás compañías profesionais incluída dentro dos Encontros Culturais do Outonoda concellería de cultura de Culleredo coa representación ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples de O Burgo do espectáculo " PALABRAS ENCADEADAS" de TALÍA TEATRO.
Toño Casais recibiu o premio "María Casares" 2010 ao mellor actor protagonista e Artur Trillo á mellor dirección por "Palabras encadeadas".
Con esta función enceta unha nova tempada de teatro profesional que ven precedida polo enorme éxito de público acadado na celebración nas pasadas semanas do Festival Internacional de Títeres "Consorcio das Mariñas" na que participaron máis de 1000 nenos e nenas dos colexios de Culleredo coa participación de compañías de monicreques de diferentes lugares do mundo como Sri lanka, Alemaña ou Brasil.
Celebrouse, tamén, o I Ciclo de teatro Afeccionado "ENTREDOUS CARFAX TEATRO" na que diferentes compañías de teatro amador de toda Galicia amosaron os seus traballos no noso concello.

O ciclo "Roberto Vidal Bolaño" que enceta o vindeiro venres 29 de outubro estará dedicado ao teatro infantil coa participación das mellores de Galicia como, Sarabela Teatro, Artestudio Teatro, Caramuxo Teatro ou Berrobambán.

"PALABRAS ENCADEADAS" é unha obra orixinal de Jordi Galcerán. Nesta Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío.
Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.
"Palabras encadeadas" está dirixida por Artur Trillo e interpretada por Toño Casais e María Ordoñez. A iluminación é de Dani Trillo, escenografía de carlos Alonso e música de Fernando Fraga.
Toño Casais recibiu o premio "María Casares" 2010 ao mellor actor protagonista e Artur Trillo á mellor dirección por "Palabras encadeadas".
As entrada xeral é de 3,50 € e a reducida (Estudantes, maiores de 65 anos, carne xove...) de 1,75 €.
TALÍA TEATRO é unha compañía de Cee que data do ano 1987, acadando dende a súa fundación, e con cada espectáculo realizado, unha maior consolidación como compañía estable, logrando cada vez máis difusión e aumentando progresivamente o número de funcións de cada espectáculo.

Nos últimos tempos Talía Teatro conseguiu certo recoñecemento da crítica, acadando nos dous últimos anos os premios do "Certame Xuventude de Teatro".


? Teñen realizado e producido os seguintes espectáculos: O Rei aborrecido, de Xesús Pisón.
? Aquí non paga ninguén, de Darío Fo.
? O crime de Aldea Vella, de Bernardo Santareno.
? Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo.
? Ai, Carmela, de J. Sanchis Sinisterra.
? T. W. C. , Colectiva.
? Fando e Lis, de Fernando Arrabal.
? Rezagados, de Ernesto Caballero.
? A secreta oscenidade de cada día, de Marco Antonio de la Parra.
? Pedro e o capitán, de Mario Benedetti.
? Retén, de Ernesto Caballero.
? Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra.
? Soños dun Seductor, de Woody Allen
? Menos Lobos, de Artur Trillo.
? Dakota, de Jordi Galcerán.
? Supermáis, de J.M. Benet i Jornet.
? Xustiza Infinita, de Cándido Pazó.
? Bicos con lingua, de VV.AA.
? Moliére Final, de Roberto Salgueiro
? Mundos contados, de Paula Carballeira
? Esperando a Godot, de Samuel Beckett
? O merlo Branco, de Cándido Pazó
? Quero ser grande, de Artur Trillo
? E ti, quen vés sendo?, de Cándido Pazó
? Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), de Roberto Salgueiro
? Palabras encadeadas, de Jordi Galcerán

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina