Presentación do libro "Os días adiados", de Xavier Correa Corredoira

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo mércores 27 de xaneiro de 2010, ás 20.00 h, na Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra" (Pazo de Vila Melania - Vilaboa), o acto de presentación do libro Os días adiados, de Xavier Correa Corredoira.

No transcurso do acto intervirán:

Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura.
Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor.
Xavier Correa Corredoira, autor.
Pocho Taxes, guitarra eléctrica.

Acollemos, na Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra" de Culleredo a presentación do libro Os días adiados, do pintor Xavier Correa Corredoira, publicado pola editorial Espiral Maior, que dirixe Miguel Anxo Fernán Vello, no pasado ano 2009.
É este o primeiro poemario publicado polo autor, que xa hai algún tempo, no seu libro Pintor en Italia (de Baía Edicións), facía unha incursión literaria combinando a crónica de viaxes con ilustracións propias.
En Os días adiados recolle Xavier unha selección da súa poesía dende os anos 70 ata o momento actual.
É unha boa oportunidade para compartir, de boca do autor, o significado do binomio pintor-poeta, acompañados coa música do guitarrista Pocho Taxes.

Datos biográficos
Xavier Correa Corredoira naceu na Coruña en 1952. Aínda que a súa primeira vocación foi a literaria, xa en 1975 decantouse pola pintura.
Participou en grupos artísticos como "Carón" e "La Galga", dous movementos de vanguarda galega que precedieron a "Atlántica".
Entre 1980 e 1983 expuxo xunto cos integrantes do colectivo "Atlántica".
En 1984-1986 creou, con Pedro Muíño e Pepe Galán, "GrupOrzán", considerada unha alternativa ao mercado de difusión institucional e concibido como modelo de autoxestión, como marchante dos artistas asociados á .
Entre 1973 e 2009 realizou exposicións individuais, nalgúns casos en varias ocasións, en galerías como Escola de Arquitectura (A Coruña), Galería Os Arcos (A Coruña), Galería Mestre Mateo (A Coruña), Modus Vivendi (Santiago), Galería Arco da Vella (Lugo), Galería Jamete (Cuenca), Galería Sargadelos (Santiago), Casa de la Cultura (Vigo), Galería Sargadelos (Barcelona), Galería Finisterre (A Coruña), Colectivo Palmo (Málaga), Kiosko Alfonso (A Coruña), Galería Trinta (Santiago), Galería Abel Lepina (Vigo), Galería Nasoni (Oporto), Casa da Parra (Santiago), Galería Pardo Bazán (A Coruña), Galería Evelio Gayubo (Valladolid), Galería Ventana Abierta (Sevilla), Galería Santa Bárbara (Madrid), Fundación Caixa Galicia (A Coruña), Galería SCQ (Santiago), Estación Marítima (A Coruña), La Fábrica (Abarca de Campos), Fundación Luís Seoane (A Coruña), Galería VGO (Vigo), Atlántica Centro de Arte (A Coruña); (Barcelona), Galería Birimbao (Sevilla), Galería PM8 (Vigo), Galería Sargadelos (A Coruña).
Participou tamén en numerosas exposicións colectivas en A Coruña, Ourense, Santiago, Baiona, Vigo, Sada, Salvaterra de Miño, Pontevedra, As Pontes, Lugo, Ferrol, Madrid, Oviedo, Málaga, Valencia, Barcelona, Santander, Xixón, Oporto, Vilanova de Cerveira, Lisboa, Maia, Viana do Castelo, Dublín, Lorient, Herault ou París.

O nome dobrado dunha cidade:
A Coruña/La Coruña, expresa
autoctonía e mais extrañeza.
Sitúa urbe na terra, observándoa
por e desde fóra e traducíndoa:
Torino/Turín: Dobrar é doblegar,
trazar fronteira con barra, separar
A Coruña como basa de pedra
á deriva, falando ghibraltarés...

Xavier Correa Corredoira

Para máis información ver o aruivo que se achega.

 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
DIPTICO LIBRO CORREA CORREDOIRA 2010.pdf 130.23 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina