Programa europeo de becas internacionais

A Deputación de Ourense a través do Servizo de Fomento do Emprego, Igualdade e Servizos Sociais abre a convocatoria de 55 prazas para o Programa Europeo de Bolsas Internacionais, o prazo remata o 30 de outubro.

Desde o inicio en 2008 desta iniciativa 125 titulados universitarios xa tiveron a oportunidade de participar neste proxecto configurado como unha política activa de emprego dirixida á mellora da empleabilidad dos participantes na mesma.

O Programa ofrece un plan integrado de estancias e prácticas profesionais en empresas de países pertencentes á Unión Europea e está cofinanciado por fondos europeos.
A finalidade perseguida é mellorar a cualificación dos titulados universitarios e facilitar a súa posterior inserción no mercado laboral, garantindo ademais a aprendizaxe avanzada dunha lingua estranxeira como idioma de traballo.

O Programa inclúe: billete de avión de ida e volta, curso de Inmersión lingüística no país de destino, organización de prácticas profesionais nunha empresa seleccionada en atención á titulación académica do/o beneficiario/a, tutorización de estancias laborais no país de destino, aloxamento e axuda económica mensual de manutención, bono de transporte local, seguro de enfermidade e accidentes.

O número de titulados universitarios que presentaron a súa solicitude ao Programa no último ano elevouse a 359 no conxunto do catro convocatorias realizadas até a data.


Toda a información sobre o programa e sobre a convocatoria podes atopala na web: http://becasinternacionales.depourense.es.  En caso de estar interesado/a informamos que é importante acceder a "Instrucións de Solicitudes" para coñecer de maneira detallada todos os pasos en relación ao proceso.

Esperamos que esta información sexa do teu interese e para calquera consulta estamos á túa disposición no teléfono 988385191.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina