Inauguración da exposición Crónicas da Expresión Escrita

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza o próximo martes 15 de setembro de 2009, ás 20.30 h, na Aula de Natureza "Juan Lembeye" doXardín Botánico "Ría do Burgo", o acto de inauguración da exposición "Crónicas da represión lingüística", unha obra multimedia da autoría de Xan Leira, producida por Acuarela Comunicación e promovida pola Unidade de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
No transcurso do acto tomarán a palabra:
· Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura do Concello de Culleredo.
· Silvia María Seixas Naia, deputada provincial da Comisión de Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña.
· Xan Leira, comisario da exposición.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 30 de setembro de 2009.
Esta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade a represión implementada no noso país, onde a nosa lingua foi, tamén, un
obxectivo dese accionar represivo.

A construción narrativa do traballo expositivo, tanto no aspecto textual, gráfico e audiovisual, está baseado en pequenos relatos de historias de vida de persoas que padeceron ao longo destes dilatados anos da ditadura, a represión lingüística, psicolóxica, social e incluso económica, derivada desta perversa e obsesiva práctica represiva.
A participación de investigadores e estudosos engade o rigor científico necesario para afondar noutros aspectos desta represión lingüística que proxecta a súa longa sombra até os nosos días.
"Crónicas da Represión Lingüística" fundamenta a sistematoloxía represiva desatada contra a lingua e a sociedade galega e como esta acción repercute na vida íntima e social das persoas sometidas ao silencio, á humillación, á frustración, en síntese, á falla de autoestima individual e colectiva do noso pobo.

O proxecto está construído a través das opinións de estudosos do tema lingüístico e das experiencias de persoas que sufriron este tipo perverso de represión psicolóxica, entre as que podemos salientar: Xesús Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo, Manuel Fernández Cid, Francisco Fernández del Riego, Agustín Fernández Paz, Raimundo García Domínguez, Xaime lsla Couto, Avelino Pousa Antelo, Elixio Rodríguez Domínguez, Bernardo Souto e Elvira Varela Bao entre moitos outros..

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina