Arquitectura

A planta no momento do seu edificación comprendía unha nave e unha ábsida rectangular, pero en 1793 engádeselle no muro norte e outra no muro sur.

Os muros difiren segundo a época de construción, así temos sillares no testeiro románico, mampostería en capelas laterais e sillares de grandes proporcións e bo corte na fachada. Esta zona é rica en granito, existen varias canteiras nas proximidades e a dispoñibilidade de material permitiu a construción con robustas pezas de cantería. O emprego de materiais locais na arquitectura románica convértea nun fenómeno totalmente harmónico coa paisaxe, como o é a arquitectura tradicional, por iso que ningún estilo artístico ten calado tan fondo no noso pobo como o románico.

Accédese ao interior a través da porta situada aos pés da igrexa, adintelada e sen decoración en lintel ou xambas. Desde a nave penétrase na capela maior a través dun arco triunfal de medio punto que se sustenta sobre dúas semicolumnas apoiadas. Os capiteis posúen relevos de decoración vexetal, organizada en dous niveis: o inferior de palmetas e o superior con S que parten do centro e se enroscan cara aos extremos. Este tipo de capiteis é bastante inusual pola súa composición complexa e elaborada, o que nos leva a situarnos nun período serodio dentro do estilo románico.

No muro sur ábrese outro arco que acubilla un retablo adaptado ao marco arquitectónico, do cal falaremos máis adiante.

A cuberta carece de abovedamentos, é de tella a dúas vertentes e debido ás reformas citadas só conserva parte do texaroz orixinal no muro sur, oculto no interior da sancristía. O tellado esténdese sobre as construcións anexas, outorgándolle maior uniformidade ao conxunto.

A fachada é un simple muro sen decoración, a máis modesta da zona, culmina cunha espadana dun só arco, sobre cornixa moldeada , rematada cunha cruz de pedra.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina