Igrexa Parroquial de Vilaboa

A igrexa de Vilaboa e a de Tarrío son os exemplos máis recentes de arquitectura relixiosa en Culleredo. A actual igrexa parroquial de Vilaboa foi edificada nos primeiros anos da década dos 60 e concluída en 1963. Non mostra ningún atractivo especial desde o punto de vista artístico, pero nos extremos do cruceiro e baptisterio loce tres pinturas realizadas por Urbano Lugrís, en 1964, de gran valor artístico.

Lugrís naceu na Coruña, aproximadamente en 1907, descoñécese a data exacta. O seu pai, o escritor galeguista Manuel Lugrís Freire, introduciu ao seu fillo no ambiente intelectual coruñés de principios de século. Urbano Lugrís fórmase en contacto coas vanguardas europeas, e dentro do mundo musical, artístico e literario que serán fonte da súa obra.

Se tivésemos que definir a súa obra cunha soa palabra, esta sería "fantasía"; foi inxustamente denominado o "Dalí galego", pois nunca tivo como referencia ao gran pintor catalán, senón que ambos creadores beberon do surrealismo do italiano Patinir, asimilándoo cada un ao seu modo. As características pictóricas da súa obra son a perfección do debuxo, a predilección polas cores frías (especialmente o azul), e unha temática variada cargada de simbolismos de inspiración mitolóxica. A súa obra non ten límite: realiza encargos para institucións ou bancos, á vez que ilustra libros e decora innumerábeis tabernas e restaurantes coruñeses.

As táboas de Vilaboa denotan un perfecto dominio do trazo e do tratamento da luz, combinando maxistralmente a estética vanguardista coa temática relixiosa. O Calvario e Descanso na fuxida a Exipto son unhas magnificas mostras da nosa pintura contemporánea deste século.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina