Portas abertas do Conservatorio de Culleredo durante os días 13,14,15 e 16 de maio

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo celebrará os vindeiros días 13, 14, 15 e 16 de maio unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as súas instalacións. 

 

Culleredo converterase esta fin de semana na capital do balonmán galego coa desputa da final 'four' infantil

Culleredo converterase novamente esta fin de semana na capital do balonmán galego coa desputa da final four infantil masculina e feminina no pavillón de Tarrío o sábado 27 de abril e o domingo 28 de abril. 

O Concello continúa co programa de formación en arbitraxe co colexiado Diego Seoane

O Concello dá continuidade ao programa de formación en arbitraxe para a mocidade co colexiado Diego Seoane, que pita en Preferente a nivel autonómico.

Redrum Teatro chega este venres ao Auditorio de Servizos Múltples coa obra 'O pequeno poni'

Este venres, a partir das 20:30 horas, chega Redrum Teatro a Culleredo, concretamente ao Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples, coa súa obra ‘O pequeno poni’. Esta actividade pertence ao catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Concello completa a mellora da accesibilidade no centro social de Orro

O Concello de Culleredo vén de rematar os traballos de mellora da accesibilidade do edificio que alberga o centro cívico social de Orro. O obxectivo consistiu en incrementar as prestacións dunha dependencia moi empregada por parte dos veciños da parroquia no seu día a día.

O Concello licita por 203.000 euros os seus plans de conciliación para as vacacións escolares de verán, Nadal e Semana Santa

O Concello de Culleredo saca a licitación por 203.346 euros os programas de conciliación para os períodos vacacionais de verán, Nadal, e Semana Santa 2025. Trátase de servizos de actividades lúdico-pedagóxicas para menores de 3 a 12 anos; así como os complementos de almorzo, en horario de 7:30 a 9:00 horas e a comida, en horario de 14:00 a 16:00 horas.

Programa de conciliación para o verán 2024, Nadal 2024/2025 e primavera 2025

Presupuesto (IVA incluído) / Orzamento (IVE incluído): 
203.346,00 €.
Plazo de presentación de ofertas / Prazo de presentación de ofertas: 
17/04/2024 - 02/05/2024

Continúa o 'Cullerchef', o programa de cociña saudable para a cativada de 6 a 12 anos

O Concello de Culleredo continúa hoxe, e tras estrealo hai unha semana, unha nova edición dun dos seus programas para nenas e nenos do municipio que máis éxito tivo nos últimos anos: o ‘Cullerchef’, un taller de cociña saudable para menores de 6 a 12 anos.

Coñece a ETAP da Telva nunha visita aberta á cidadanía de Culleredo

Os vindeiros 24 e 25 de abril poderás coñecer a ETAP (Estabilización de Tratamento de Auga Potable) da Telva, en horario de 12:00 a 13:30 horas.

 

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina