Obradoiro 'Quero ser youtuber'

O día 8 de xullo comeza o obradoiro 'Quero ser youtuber'. Terá lugar os luns, os mércores e os venres, en horario de 11:00 a 13:00 horas no centro cívico Virginia Blanco, de Fonteculler.

Queres anotarte? Adxuntamos o arquivo do formulario nesta nova. Descárgao e entrégao por mail á dirección cipax@culleredo.es, mandar un whatsapp cos teus datos ao número 620 008 450 ou achegarte ao Edificio Municipal Pablo Picasso, en horario de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres. 

Esta actividade prolongarase ata o 19 de xullo. 

 

Inauguración da exposición de actividades culturais do curso 2018-2019

O xoves 4 de xullo inaugurarase, ás 20:00 horas, a exposición de actividades culturais municipais do curso 2018-2019 na Aula de Natureza "Juan Lembeye", do Xardín Botánico do Burgo.

Poderedes visitala ata o 20 de xullo, de luns a venres en horario de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados de 11:00 a 13:00 horas pola mañá, e de 18:00 a 21:00 horas pola tarde.

Obradoiro de globoflexia

O mércores 3 de xullo terá lugar un obradoiro de globoflexia, ás 11:30 horas na Biblioteca do Burgo.

Para nenas e nenos entre 6 e 12 anos; máis pequenos terán que ir acompañados dun adulto.

Inscripción previa na biblioteca, cun máximo de 25 persoas. 

Culleredo súmase á campaña 'Liberdade de ser e sentir!'

Con motivo do 28 de xuño “día da diversidade sexual”, desde a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña
impúlsase a campaña Liberdade de ser e sentir!, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

A Campaña xa comezou e circula polas redes co cancelo #seresentir. A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como elemento
reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moi vinculados coa Campaña. O lema “liberdade de ser e sentir!” quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.

Culleredo participa xunto con otros 38 municipios da provincia.  Contémplanse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e visibilizar á comunidade LGTBQI+.

No marco desta campaña, os días 26 e 27 de xuño desenvolveranse diferentes actividades na cidade da Coruña. Por unha banda, 2 performances a cargo do colectivo Somos Lag. A primeira delas realizarase ás 18.00 horas fronte ao antigo Cine París e a segunda será as 19:00 horas nos xardíns existentes fronte a Autoridade Portuaria. Por outra banda, o 27 de xuño ás 20:00 horas haberá un concerto do grupo The Tetas’ Van no Hall do Teatro Colón.

Campamentos deportivos 2019 da Deputación da Coruña

Os campamentos deportivos 2019 da Deputación da Coruña están destinados a rapazas e rapaces entre 9 e 14 anos, sempre que os cumprisen no presente 2019.

Terán preferencia os rapaces empadroados en Culleredo e aqueles que non tiveran participado en ningunha campaña anterior. A terceira quenda de inscrición vai do 19 ao 26 de xuño, e o número de prazas dispoñibles son 8. 

Poderase realizar no rexistro xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén no rexistro auxiliar do Concello (Edificio de Servizos Múltiples), no mesmo horario, e en calqueira outra rexistro establecido na lei 39/2015, do 1 de outubro. 

Para máis información, podedes chamar ao número 981 66 55 97, contactar mediante correo electrónico ao enderezo deportes@culleredo.es ou consultar os directorios www.dicoruna.es e www.culleredo.es. 

Reunión do programa 'Mañá de campamentos 2019'

Este xoves día 20 de xuño ás 19:30 horas terá lugar a reunión coas familias participantes no programa municipal de 'Mañás de campamento 2019'.

O lugar no que se celebrará a xuntanza será o salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples.

Todos os inscritos e inscritas, admitidos nos Campamentos de verán alternativos do Concello de Culleredo

Todos os inscritos e inscritas nos Campamentos de verán alternativos do Concello de Culleredo están admitidos. Mentres tanto, no Campamento H2O, como hai máis inscritos que prazas, realizase un sorteo de maneira pública o vindeiro mércores 19 de xuño ás 12:00 horas, no Centro Municipal Pablo Picasso. 

José Ramón Rioboo, investido novo alcalde de Culleredo

José Ramón Rioboo Castro foi investido alcalde do Concello de Culleredo na sesión plenaria que tivo lugar o sábado 15 de xuño de 2019. 

O Concello completa a formación teórica do curso de monitor de tempo libre

O Concello de Culleredo completou a fase teórica do curso de formación de monitores de actividades de tempo libre. Participan un total de 15 mozos.

Iniciadas as obras para cubrir o parque das Brañas

O plan do Concello de Culleredo para crear parques cubertos chega á praza das Brañas, en Fonteculler. Trátase do punto neurálxico do núcleo, xunto ao centro social, e o goberno local aposta por cubrilo para incrementar o seu tempo de uso con independencia das inclemencias meteorolóxicas

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina