Continúa o 'Cullerchef', o programa de cociña saudable para a cativada de 6 a 12 anos

O Concello de Culleredo continúa hoxe, e tras estrealo hai unha semana, unha nova edición dun dos seus programas para nenas e nenos do municipio que máis éxito tivo nos últimos anos: o ‘Cullerchef’, un taller de cociña saudable para menores de 6 a 12 anos.

Cubríronse as 30 prazas dispoñibles e a actividade celebrarase no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo todos os martes desde hoxe, 9 de abril, e ata o 18 de xuño.

Hai dous grupos, de 15 persoas cada un, e os horarios serán de 17:00 a 18:30 horas para o primeiro, e de 19:00 a 20:30 horas para o segundo. O ‘Cullerchef’ naceu no ano 2018 cun obxectivo claro: achegarlles ferramentas aos máis pequenos e pequenas para aprender a cociñar dunha maneira sa, axudándolles a diferenciar que produtos son os de mellor achega nutricional, á vez que se divirten elaborando as súas creacións.

Durante o confinamento, a Administración local quixo darlle continuidade ao ‘Cullerchef’ mediante vídeos nos que a profesora responsable do programa explicáballes ás nenas e nenos do municipio unha receita cada semana.

Estivo presente durante a actividade, acompañando ás nenas e nenos, a concelleira de Educación, Penélope López. Puido comprobar en primeira instancia como elaboraron ata tres tipos de madalenas, elaboradas con avea e chocolate, espelta e millo, e as de trigo, ademais de granola caseira.

Tamén acompañaron ás rapazas e rapaces Judith, de EcoTerra, e Ángel, de DeValo. Ambos lles ensinaron as aplicacións culinarias tanto dos produtos ecolóxicos como do mel na cociña. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina