Desde esta tarde, cara a última hora, quedará restablecido o doble sentido de circulación na Avenida de Vilaboa e a rúa Domingo Sierra.
O servizo de Xuventude, a través do CIPAX (Centro de Información e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo) pretende regular coas presentes bases a participación para o curso de director/a de actividades de lecer e tempo libre consta de duas fases, una teórico-práctica de 150 horas lectivas, y otra práctica de 150 horas de duración.
O Concello de Culleredo, a través da Área de Xuventude, organiza un obradoiro de cociña sostible o vindeiro martes 25 de abril para concienciar á poboación sobre a cociña de aproveitamento.
O Concello de Culleredo participará na VI Edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ coa actuación de Reinas Malas no Edificio de Servizos Múltiples o vindeiro 22 de setembro. Contaremos pois, co humor das Izquierdo Sisters (Lucía Veiga e Marita Martínez) e Niñas de la risa (Diana Sieira e Ángela Triana).
UFD Distribución informa de que, coa finalidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede, procederá a deixar fóra de servizo na madrugada do mércores 5 de abril, de 5.00 a 6.00 horas, instalacións que poden afectar a varias de Castro, Laxe, Conduzo e Vilaboa.
O Concello de Culleredo deu a coñecer esta mañá a programación cultural ata novembro, na que destaca o Burgojazz, o III Entreculturas ou o concerto de Izquierdo Sisters.
Culleredo acollerá este verán un evento musical de primeiro nivel, nado e pensado para o municipio. Trátase do Recorda Fest, que hoxe presentaron José Ramón Rioboo, alcalde do municipio, xunto a Penélope López, concelleira de Cultura; Víctor Santana, director do festival, e David Lemos, director comercial de Air CO2.
O programa ‘Culleredo, de cinema’ pretende consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios para adolescentes e preadolescentes do século XXI.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organizará os días 15 y 16 de abril de 2023 un curso de condución segura en circunstancias adversas na Explanada do Paseo Marítimo de O Burgo.
A Concellaría de Participación Cidadá, Educación e Medio Rural pon en marcha un ano máis o programa Mañás de campamento.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, promove para Semana Santa 2023, durante os días 6, 7 e 8 de abril, un curso de iniciación ao surf na praia de Bastiagueiro, en ‘La vieja escuela by After Surf’.
O Concello de Culleredo organiza do 3 ao 10 de abril o campamento de primavera. Trátase dunha iniciativa para favorecer a conciliación durante os días non lectivos da Semana Santa.
O Concello de Culleredo organiza, dentro das campañas de dinamización do comercio local, a campaña "Merca e gaña". Os negocios adheridos repartirán entre os clientes un total de 100.000 boletos para levarse un dos 3.620 premios directos, entre o 15 de marzo e o 15 de abril de 2023.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER