Actualidad

Dispositivo especial de seguridade e tráfico polas Festas do Burgo

As festas do Burgo desenvólvense do 21 ao 26 de xullo e o Concello de Culleredo contará cun operativo especial de seguridade e tráfico.

Préstamo gratuito de material ortoprotésico grazas a Agaela

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – Agaela, con sede en Culleredo desde  2017 e preto de 550 membros asociados, aumenta o seu número de socios ano a ano, brindando apoio ás familias que se atopan convivindo cun diagnóstico de ELA. Só neste último ano, a entidade chegou a atender a máis de 130 familias.

O balonmán volve este verán aos espazos deportivos de Culleredo

Este verán poderás practicar balonmán co Club Balonmán Culleredo es diferentes espazos do concello, ata o 13 de agosto. 

Peche exitoso do BurgoJazz e o Entreculturas

O BurgoJazz e o Entreculturas encheron de cultura o comezo do mes de xullo en Culleredo.

O novo goberno local configúrase en 8 áreas enfocadas ao benestar social

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, dividiu o novo executivo municipal nunha estrutura que busca dar prioridade á resposta social.

Peche ó tráfico da Avenida Miguel González Garcés por mor dos traballos de pavimentación

Desde o Concello de Culleredo informamos de que, entre os días 25 e 28 de xuño, en horario de 22:30 a 6:30 horas, haberá afectacións de tráfico na Avenida Miguel González Garcés debido ós traballos de pavimentación. 

Mañás de campamento 2023

O luns 26 de xuño iníciase o programa municipal de conciliación MAÑÁS DE CAMPAMENTO que se desenvolverá durante as vacacións de verán nas dúas instalacións previstas.

Corte Carril Bici e Paseo Marítimo

Culleredo despediu hoxe as actividades cardiosaudables para maiores e anuncia un novo programa de verán

O Concello de Culleredo despediu hoxe, mércores 14 de xuño, as actividades cardiosaudables para maiores e anuncia un novo programa de verán, o ‘Verán movidiño’, que se organizará do 3 de xullo ao 29 de setembro en Fonteculler, Celas, Tarrío, Sueiro, O Burgo e Vilaboa.

Cursos intensivos de natación para o mes de xullo 2023

O Club de Natacion As Mariñas oferta dous cursos intensivos de natación para o mes de xullo 2023, no Parque Acuático de Acea de Ama.

Campamentos CIPAX no verán 2023

Desde a área de Xuventude do Concello de Culleredo preténdese regular as bases a participación nos campamentos do CIPAX para este verán 2023.

Tarrío, Almeiras e O Burgo acollerán esta fin de semana o Campionato de España cadete de balonmán e a Fase de Ascenso Sénior

O polideportivo de Tarrío, o de Almeiras e o do Burgo acollerán esta fin de semana o Campionato de España cadete de balonmán e a Fase de Ascenso sénior. Os encontros comezarán xa o venres, ás 16:30 horas, en Tarrío, co partido que disputarán BM Culleredo Sweepend e Rebi Cuenca. Ás 19:30 horas, o encontro entre o IES Pereda Davilas e C.D. Josefinas Mérida, no pavillón de Almeiras.

O Concello convoca á mocidade a participar no concurso de booktrailer 'Moito Conto!'

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convoca aos mozos e mozas de 14 a 30 anos a participar no concurso de booktrailer ‘Moito Conto!’. O obxectivo primordial desta actividade é promover e difundir os hábitos lectores e comunicación entre os veciños e veciñas desta franxa de idade, así como a súa creatividade.

A Explanada do Paseo Marítimo acollerá este sábado a 'Festa da Xuventude'

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organiza este sábado, 6 de maio, a ‘Festa da Xuventude’, que acollerá a Chaira do Paseo Marítimo do Burgo con actividades baseadas na cultura urbana.

Prazo aberto para inscribirse ás probas de acceso a 1º de Grao Elemental do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

Abrése o prazo para inscribirse ás probas de acceso a 1º de grao elemental do 24 de abril ata o 19 de maio. Publícanse as datas de inscrición e matrícula para todas as probas de acceso ao Conservatorio, tanto Grao Elemental como Grao Profesional, para o vindeiro curso 2023/2024.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina