Préstamo gratuito de material ortoprotésico grazas a Agaela

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – Agaela, con sede en Culleredodesde  2017 e preto de 550 membros asociados, aumenta o seu número de socios ano a ano, brindando apoio ás familias que se atopan convivindo cun diagnóstico de ELA. Só neste último ano, a entidade chegou a atender a máis de 130 familias.
 
A asociación, que actualmente conta con dous terapeutas ocupacionais e unha traballadora social, pon o foco na atención ás familias con ELA. Entre os seus servizos máis frecuentes atópanse os servizos de orientación e información sobre a enfermidade; seguimento periódico e individualizado a usuarios con ELA, coidadores e familiares; orientación para mellora da accesibilidade no fogar, entre outros servizos adicionais.
 
Ademais, brindan apoio social na xestión de recursos, como a solicitude de incapacidade laboral, discapacidade, dependencia e outros recursos sociais relevantes. Tamén existe a opción de participar nun copagamento para acceder a tratamentos rehabilitadores, que inclúen fisioterapia manual e respiratoria, logopedia e terapia ocupacional.
 
E esperan aumentar os servizos para os seus usuarios de fronte ao ano 2024, xa que actualmente teñen varios proxectos a piques de ver a luz. Entre os servizos máis importantes e demandados atópase o Banco de Produtos de Apoio. Trátase dun recurso mediante o cal prestan, de maneira gratuíta, produtos de apoio ás persoas asociadas, tales como: camas articuladas, guindastres de traslado, cadeiras de ducha, entre outros.
 
O Banco solidario de préstamo de produtos de apoio naceu hai 6 anos cun convenio entre Agaela e o Concello de Culleredo. Neste tempo atendeu a peticións de máis de 500 familias afectadas de ELA en toda Galicia e de persoas usuarias dos servizos sociais de Culleredo. Este banco de produtos está composto por preto de 600 produtos que se prestan de maneira indefinida.
 
Actualmente Agaela atópase traballando de maneira conxunta co Concello de Culleredo para realizar unha campaña de difusión deste servizo gratuíto de préstamo de produtos de apoio a persoas en situación de dependencia do municipio.
 
Desde aquí tamén queremos convidar calquera persoa para realizar doazóns de produtos de apoio, de maneira que favorezamos a reciclaxe e a economía circular, dándolle unha segunda vida a eses produtos que xa non están a ser utilizados.
 
Se desexa realizar unha doazón ou solicitar algún produto, podes poñerche en contacto con Agaela chamando ao teléfono 660 532 298 ou enviando un correo electrónico a info@agaela.es.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina