O novo goberno local configúrase en 8 áreas enfocadas ao benestar social

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, acaba de definir a configuración do novo goberno municipal. O equipo de goberno componse dun total de 8 áreas, cunha estrutura enfocada ao benestar social, “prioridade” para o rexedor.
 
Así, as 8 áreas serán as seguintes:
 
Participación cidadá e Deportes: Cristina Pardo 
Economía, Facenda e Urbanismo: Marta Iglesias
Cohesión social, Recursos Humanos e Réxime Interior: Marta Figueroa
Transición ecolóxica, Obras e Servizos Públicos: Carlos Liñares
Cultura: Penélope López
Dinamización Social: Juan Carlos Iglesias Lovelle
Comercio, Industria e Turismo: Mario Iglesias 
 
O alcalde asume a área de Presidencia, Planificación e Seguridade Cidadá. Inclúese nela a planificación estratéxica, as competencias de Policía Local e Protección Civil e a coordinación de todas as áreas.
 
Participación cidadá e deportes xestionará tamén as políticas de voluntariado, impulso e coordinación do asociacionismo municipal, mocidade e educación, ademais da promoción do deporte. Economía, facenda e urbanismo asume a xestión económica e orzamentaria, facenda local, contratación, patrimonio e urbanismo. 
 
A área de cohesión social, recursos humanos e réxime interior xestionará as competencias municipais en diversidade e igualdade, servizos sociais, persoal e réxime interior. Na área de transición ecolóxica, obras e servizos públicos recaerán a xestión de políticas relacionadas co medio ambiente, o mantemento do termo municipal, as obras públicas, os servizos públicos, a mobilidade, a xestión da utilización da vía pública e as autorizacións relativas á posesión de animais potencialmente perigosos. 
 
Cultura xestionará competencias e políticas municipais relacionadas, obviamente, coa cultura, pero tamén inclúe a área de maiores. Dinamización social asumirá a formación, emprego, festas, programas de cooperación, escolas obradoiros e posta en valor do medio rural. 
 
Por último, comercio, industria e turismo xestionará as políticas e competencias municipais en fomento do comercio, a actividade industrial e económica, pero tamén a hostalería, o turismo e as relacións coas asociacións de empresarios e comerciantes. 
 
As áreas sociais, por tanto, asumen o maior peso do novo goberno local. “A resposta social sempre distinguiu a Culleredo e queremos que así siga sendo”, expresa Rioboo.
 
O rexedor tamén efectúa o nomeamento da composición da xunta de goberno local. As tres primeiras tenencias de alcaldía serán mulleres, con Cristina Pardo como a primeira tenente de alcalde. Rioboo aposta pola mocidade de Pardo, de 29 anos de idade, que asume a responsabilidade tras entrar como concelleira na corporación o pasado mes de xaneiro. 
 
Marta Iglesias será a segunda tenente de alcalde, e Marta Figueroa, a terceira. Posteriormente, Carlos Liñares será o cuarto, Penélope López, a quinta, Juan Carlos Iglesias Lovelle, o sexto, e Mario Iglesias, o sétimo.
 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina