A Concellaría de Participación Cidadá, Educación e Medio Rural pon en marcha un ano máis o programa Mañás de campamento.
O obxectivo é facilitar ás familias de Culleredo a conciliación da vida familiar e laboral en períodos non lectivos de verán, dentro de espazos formativos para a aprendizaxe dun ocio san.
O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos matriculados en Educación Infantil ou Primaria.
Iniciarase o luns 26 de xuño e rematará o día 1 de setembro, en distintas quendas entre as que escoller unha.
A solicitude farase a través dun formulario.
Podedes consultar toda a información sobre tarifas, listaxes, normas e prazos, así como acceder ao citado formulario, na seguinte ligazón.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER