Proceso selectivo traballador/a social (acceso libre)

Convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de traballador/a social de administración especial, subescala técnica, funcionario/a de carreira, oposición libre

Convócase proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de traballador/a social de administración especial, subescala técnica, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición.

A Xunta de Goberno local na súa sesión ordinaria do día catro de outubro de dous mil vinte e un aprobou a modificación das bases da convocatoria do proceso selectivo “Traballador/a social (acceso libre)” aprobadas na sesión ordinaria da Xunta de Goberno local do día vinte e seis de xullo de dous mil vinte e un, cuxo texto definitivo consta no adxunto deste anuncio.

O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), previa publicación das bases que rexerán a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Prazo presentación solicitudes. No BOE do luns 29 de novembro de 2021 (núm. 285), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 30 de novembro ata o 20 de decembro de 2021, ambos inclusive.

Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Concédese un prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no Boletín Oficial da Provincia (dende o 12 ao 25 de xaneiro de 2021) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión, se este é o caso.

(Documento adxunto: Lista provisional de admitidos e excluídos.pdf)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

(Documento adxunto: Lista definitiva admitidos/as e excluídos/as.pdf)

Nomeamento vogal suplente comisión de valoración.

(Documento adxunto: Anuncio BOP nomeamento vogal suplente).

Corrección de erros nomeamento vogal suplente comisión de valoración.

(Documento adxunto: Anuncio BOP corrección de erros nomeamento vogal suplente).

Cualificación 1º exercicio da fase de oposición. Publícase o resultado do 1º exercicio da fase de oposición.

Recóllese no documento “Anuncio resultado 1º exercicio.pdf”

Anuncio polo que se declara deserta esta convocatoria. 

(Documento adxunto: Anuncio declarando deserta a praza e a convocatoria.pdf)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
convocatoria_e_bases_especificas_da_convocatoria_(NO_VALIDAS).pdf414.64 KB
solicitude_participacion_proceso_selectivo.pdf839.29 KB
TEXTO_DEFINITIVO_CONVOCATORIA_E_BASES_ESPECIFICAS_DA_CONVOCATORIA.pdf396.82 KB
Anuncio_BOE.pdf209.27 KB
lista_provisional_admitidos_as_e_excluidos_as.pdf296.75 KB
lista_definitiva_admitidos_e_excluidos_traballadora_or_social.pdf314.32 KB
anuncio_bop_nomeamento_vogal_suplente.pdf39.22 KB
anuncio_bop_correccion_erros_tribunal_traballdora_or_social.pdf38.63 KB
anuncio_resultado_1o_exercicio.pdf399.41 KB
anuncio_declarando_deserta_a_praza_e_a_convocatoria.pdf254.51 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina