Proceso selectivo Mestres programación AFD 2021 – 2022 (persoal laboral temporal)

Convocatoria selección mestres programación AFD – 2021-2022 (persoal laboral temporal)

Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, de mestras/es para impartir as unidades de competencia das especialidades da programación AFD, exercicio 2021-2022.

A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión do 19 de xullo de 2021 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.

O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

NOTA.- Para a presentación das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello precisarase de cita previa, chamando ao teléfono 981 677 777 (Casa do Concello) ou 981 665 597 (Edificio Servizos Múltiples en O Burgo)

Prazo presentación solicitudes. No BOP do 30 de xullo de 2021 (núm. 143), publicouse o anuncio desta convocatoria e as súas bases específicas. O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP (base 3.3 da convocatoria). Prazo presentación de solicitudes do 2 ao 6 de agosto de 2021, ambos inclusive.

Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (27, 30 e 31 de agosto de 2021) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión. (Documento adxunto: Lista provisional de admitidos e excluídos.pdf)

Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as. (Documento adxunto: Lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos.pdf)

Convocatoria proceso oposición AFD 2021. Convócase ás/os aspirantes á realización da fase de oposición do proceso selectivo, no lugar, data e hora que se recolle a continuación. (Documento adxunto: Convocatoria proceso oposición AFD 2021.pdf)

Cualificación do proceso selectivo. De acordo co establecido nas bases desta convocatoria, publícase o resultado do concurso-oposición. Recóllese no documento “Resultados proceso selectivo mestres AFD 2021 - 2022.pdf”

Vista previaAdxuntoTamaño
convocatoria_e_bases_especificas.pdf424.39 KB
solicitude.pdf1.1 MB
lista_provisional_de_admitidos_e_excluidos.pdf389 KB
lista_definitiva_de_admitidos_e_excluidos.pdf367.49 KB
convocatoria_proceso_oposicion_afd_2021.pdf550.25 KB
resultados_proceso_selectivo_mestres_afd_2021_-_2022.pdf382.77 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina