DETERMINACIÓN DOS CARGOS CON DEDICACIÓN EXCLUSIVA E PARCIAL
PLENO MUNICIPAL DE 2 DE XULLO DE 2019
"Primeiro.- Aprobar a dedicación exclusiva, en réxime de xornada completa, dos seguintes cargos da Corporación, coas retribucións que se indican e a correspondente alta na Seguridade Social:
Segundo.- Aprobar a dedicación parcial, en réxime que en cada caso se especifica dos seguintes cargos da Corporación, coas retribucións que se indican e a correspondente alta na Seguridade Social:
Terceiro.- De conformidade co disposto no artigo 14 parágrafo 4 do regulamento orgánico municipal, declarar expresamente a compatibilidade do concelleiro delegado do servizo de deportes e xuventude, Don Miguel Suárez García, da concelleira delegada do servizo de maiores, dona Susana Amor Fernández, do concelleiro delegado do servizo de comercio local, Don Mario Alfonso Iglesias Gómez, e da concelleira delegada do servizo de cultura, dona María Penélope López Díaz.
Cuarto.- A contía das retribucións fixadas nos apartados anteriores será actualizada cada 1 de xaneiro, sen necesidade de acordo plenario adicional, de acordo co que sinale a Lei de presupostos xerais do Estado para todo o persoal ó servizo do sector público."
INDEMNIZACIÓNS POR ASISTENCIAS DOS/AS SRES/AS CONCELLEIROS/AS ÁS SESIÓNS DE ÓRGANOS COLEXIADOS
(Acordo plenario do 02/07/2019 modificado polo de 31/10/2019)
"Primeiro.- Determinar o importe das retribucións que percibirán os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva ou parcial por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados municipais que se indican:
Por asistencia a cada sesión do Concello Pleno ......................................250 euros
Por asistencia a cada sesión da Xunta de Voceiros ..................................150 euros
Por asistencia a cada sesión da Xunta de Goberno Local .........................350 euros
Por asistencia a cada sesión das Comisións Informativas ........................150 euros
Para a aplicación do presente acordo, teranse en conta as seguintes consideracións:
1) Percibirán asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación, os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva e parcial, tanto nesta corporación como en calquera outra administración pública.
2) Computaranse as asistencias a tódalas sesións celebradas do Pleno, Xunta de Goberno Local, Comisións Informativas e Xunta de Voceiros, sexan ordinarias ou extraordinarias, cos seguintes límites máximos:
- 14 sesiones plenarias ao ano
- 4 sesións da Xunta de Goberno local ao mes
- 16 sesións de Comisións Informativas ao ano
- 14 sesións da Xunta de voceiros ao ano
3) A asistencia a varias sesións dos órganos anteriormente citados no mesmo día computarase como unha soa asistencia, percibíndose neste caso só a correspondente á de maior contía.
Segundo.- O presente acordo producirá efectos a partires do 1 de xaneiro de 2020.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER