Recoñecemento da situación de dependencia

Precisa informe social mediante cita cos Servizos Sociais Municipais ou do Servizo Galego de Saúde.

Teléfonos: O Burgo: 98165450
Vilaboa: 981660079
Centro de Saúde: 981666564 / 981666151.

Documentación a presentar:

  • Solicitude (Ver formulario).
  • Copia compulsada do DNI/NIE do/a solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente e de ser o caso, do DNI/NIE do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan económicante do/a solicitante. 
  • Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI. 
  • Acreditación da persoa representante do solicitante, no seu caso. 
  • Certificado de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación de solicitude. No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio del Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.
  • No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido pola delegación do Goberno ou mediante a baixa consular. 
  • Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde (Ver formulario). 
  • Informe social (Ver formulario) emitido polo/a traballador social dos servizos sociais municipais ou se é o caso do/a traballador/a social do sistema de saúde.
  • Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra Comunidade Autónoma, se é o caso. 
  • Resolución de grao e nivel, se é o caso, cando sexa emitido por outra Comunidade Autónoma. 
  • Declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, en cuxo caso non estará obrigado a presentar estes documentos. 
  • Declaración responsable acerca do patrimonio (Ver formulario
  • Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, económicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas. (A autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, exime da obriga de presentar estes documentos), e declaración responsable do seu patrimonio (Anexo IX)


Lugar de presentación
• Servizos Sociais Comunitarios do domicilio da persoa solicitante.
• Departamentos Territoriais. Consellería de Traballo e Benestar.
• Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

Prazo de presentación:
Durante todo o ano.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina