O goberno de Culleredo traballa para continuar mellorando a atención en materia de seguridade cidadá para satisfacer as necesidades que presenta o municipio e os veciños. Nas próximas semanas, o goberno iniciará o proceso para a creación da unidade e a adquisición de previsiblemente 4 motocicletas de gran cilindrada. O traballo de patrullas en moto permitirá unha mellor mobilidade para os efectivos, con desprazamentos máis rápidos, sobre todo nas zonas urbanas.
O Concello de Culleredo adaptará o acceso ás rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte ás necesidades dos comerciantes da zona. Actualmente tan so está instalado un contador de vehículos, que en 15 días será retirado para poder estudiar os datos e decidir os criterios de entrada a estas rúas, en comunión cos comerciantes. O goberno local aposta por garantir a seguridade na actividade comercial e no asueto dos veciños que se desenvolve nestas rúas.
Os axentes verifican que a utilización das prazas marcadas como aparcadoiro exprés rota de forma continua, obxectivo primario da medida adoptada polo Concello de Culleredo para favorecer as xestións curtas no Burgo. O goberno local pide aos usuarios que sinalicen a hora de chegada para propiciar un control efectivo do estacionamento.
Para favorecer a actividade comercial e hostaleira do municipio, o Concello de Culleredo impulsará o "aparcadoiro exprés" no núcleo do Burgo. A praza de Europa, a avenida de Ribados, a avenida de Galicia e fronte o Edificio de Servizos Múltiples serán as zonas que acollan as 10 prazas nas que se estableza o estacionamento limitado, sen tarifa algunha e sinalizadas en azul.
A plantilla da Policía Local de Culleredo incrementa os seus efectivos de 24 a 30 tras a toma da posesión de 6 novos axentes. Isto permitirá unha labor preventiva máis exhaustiva nas zonas urbanas, onde se implantará unha patrulla a pé que funcione durante todo o día.Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER