O Concello de Culleredo instalou elementos de iluminación de Nadal nas rúas do municipio, que funcionarán do 7 de decembro ao 6 de xaneiro entre as 18:30 e a 2:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético. Os elementos decorativos de iluminación están subvencionados pola Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo, coa colaboración de Autoescola San Martín, celebra este fin de semana (días 15 e 16 de decembro) no Burgo dúas actividades en paralelo relacionadas coa seguridade viaria. Por unha banda, terá lugar un curso de condución segura para mozas de 18 a 30 anos, e polo outro, un parque infantil de educación viaria. A este parque están convidados a cudir todos os nenos até os 14 anos provistos das súas bicis, patíns e outros accesorios deportivos.
O Concello de Culleredo, xunto coa Asociación de Comerciantes de Culleredo, levarán a cabo unha ampla campaña de Nadal coas miras postas na dinamización tanto do sector comercial coma do hostaleiro. Obradoiros de adornos, bisutería creativa, gastronomía, reciclaxe, agasallos, galletas, e torneos de videconsolas, competicións de baloncestos, parque de educación vial, e a tradicional cabalgata serán algunhas das iniciativas para dinamizar Culleredo. No sector hostaleiro, o Concello creará as chamadas Rutas Barítimas.
O comercio de Culleredo únese para dinamizar a súa actividade. A asociación de Comercio de Culleredo, en colaboración coa Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego, organiza un mercado de oportunidades aberto para tódolos negocios do municipio, no que participarán uns 35.
As principais dependencias municipais e públicas do municipio recollerán desde o 5 até o 21 de decembro xoguetes para destinalos a nenos e nenas até 12 anos. O Concello anima ásolidariedade de todos os veciños nesta acción navideña.
Casa do Concello.
Rúa do Concello, nº 12. 15189. Culleredo.
Teléfono: 981677777. Extensiones: 1057 e 1138
Festa da Cervexa desenvólvese por segundo ano consecutivo no recinto multiusos do Burgo. Será do 14 ao 18 de setembro.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER