O luns 5 de febreiro arranca o prazo de inscrición para a participación no proxecto de formación para a sostenibilidade ambiental de plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Xardín Botánico Ría do Burgo 2018-2019.
O sorteo público para a adxudicación de prazas correspondentes aos cursos de Aplicador/a Manipulador/a de productos fitosanitarios (Nivel básico) terá lugar o día 16 de outubro de 2017 ás 10:00 horas, no Centro Municipal de Formación e Emprego “ Pablo Picasso” do Concello de Culleredo, situado na rúa Antonio Machado s/n, O Burgo, Culleredo.
Dende a Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vanse levar a cabo cursos de Aplicador/a Manipulador/a de Productos Fitosanitarios ( Nivel básico). A inscrición estará aberta do 28 de setembro ao 4 de outubro.
O Concello de Culleredo achegará o seu granito de area a axudar aos veciños que se atopan en situación de desemprego de longa duración. O goberno local efectuou a contratación de 10 veciños e veciñas con estas características laborais para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.
Os días 4 e 6 de abril celebráronse no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, os sorteos para a adxudicación das prazas dos cursos de formación propia que se impulsan desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego.
O Concello informa de que o sorteo para adxudicación de prazas nos cursos de competencias clave será o martes 4 de abril ás 10.00 horas e o sorteo para a adxudicación de prazas para as accións do Plan de Formación será o xoves 6 de abril ás 10.00 horas. En ambos os dous casos será no centro municipal Pablo Picasso.
O Concello de Culleredo concluiu o obradoiro de emprego sobre dinamizacion de tempo libre no que participaron 13 mozos en paro. Agora efectuará un seguimento e intermediación coas empresas para axudarlles na procura de emprego.
O Concello de Culleredo convoca accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
O Concello de Culleredo clausurou o plan municipal de formación, lanzado para promover o incremento de competencias profesionais de veciños en situación de desemprego. Foron 145 veciños con estas características os que se formaron coa iniciativa.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER